Setestrelo e ceo profundo

Créditos da imaxe Copyright: Lorand Fenyes
Créditos da imaxe Copyright: Lorand Fenyes

Explicación: o Setestrelo, un asterismo ben coñecido dos ceos setentrionais, aínda que moitos ven o Arado, o Carro ou o Cullerón. Tamén se poden atopar nebulosas brillantes e famosas do norte xunto coas súas liñas familiares, salientadas nesta escena coidadosamente composta con fotogramas inseridos con imaxes de telescopio da vista en campo máis fondo. Todos do catálogo de Messier, M101 e M51 son a tarabela e o remuíño cósmicos á esquerda, galaxias espirais moitos máis afastadas da Vía Láctea. Á dereita, M108, unha galaxia espiral afastada que se ve de canto preto da nosa propia nebulosa planetaria M97, con cara de moucho. A vista de amplo campo, tirada o 16 de xaneiro, semella incluír unha estrela extra ao longo do mango do Carro. Esa é o cometa Catalina (C/2013 US10), que está agora a atravesar as noites norteñas.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O canto dos xibardos, entre os sons da Terra da sonda Voyager 1 da NASA

A sonda alcanza o 18 de novembro de 2026 unha distancia dun día luz e transporta no seu Disco de Ouro unha selección de sons e imaxes representativas do planeta

Que viu o telescopio Hubble o día que naciches? Descúbreo nesta ferramenta da NASA

A axencia espacial estadounidense actualiza a aplicación que permite consultar cinco imaxes en cada día do ano e compartilas en redes sociais

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble