Terremoto de magnitude 3 en Oleiros

O Instituto Geográfico Nacional (IGN) notificou hoxe a través da súa rede de control sísmico un terremoto de magnitude tres con epicentro no municipio de Oleiros, entre as localidades de Mera e Lorbé. O sismo rexistrouse ás 16.06 horas e tivo o seu hipocentro a 11 quilómetros de profundidade.

Foi sentido tamén nas localidades próximas. En Eirís, na Coruña, Noela Rey, conta que “a sensación foi como se o móbil vibrase e transmitise o movemento ao sofá; algo moi leve e curtiño”. José Filgueiras notou tremer as ventás e a mesa da súa casa no lugar de Vilanova, no concello de Miño. Desde Montrove, Ana Pena conta que “foi un estrondo moi curto, de tres segundos máis ou menos. Parecía como unha bomba, e non era nin un avión nin un trono, pero vibraban as fiestras. Sentiuse moi forte”, relata. Desde Santa Cristina, Eloy Triñanes, outra das persoas que notou o sismo, relatou. “Estaba nunhas oficinas, nun soto, e non notei o tremor pero si un forte ruído. Pensei que era algo no garaxe, ou nas obras da rúa. Unha sensación extraña”, conclúe. A través das redes sociais, hai testemuños de que se percibiu tamén en Meirás, Cambre ou Fene.

Publicidade

A sensación foi como che digo: como si o móbil vibrara e transmitira o movemento ao sofá.

Nos últimos días rexistráronse en Galicia outros dous sismos de menor magnitude que o de Oleiros. O domingo houbo dous pequenos terremotos: un de magnitude 2,6 en Padrenda (Ourense), e outro de 2,3 na Pontenova (Lugo).

Publicidade

3 COMENTÁRIOS

  1. Eiqui en mex.ahi o dia 150 temblores entre 2.5 asta 4.grados pra nos xa e normal amigos de galicia eu tamen son galego de nogueira de ramuin ourense

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un terremoto de magnitude 4,2 con orixe na provincia de León séntese na maior parte de Galicia

Tan só o oeste da provincia da Coruña quedou fóra do alcance do sismo, mentres que o resto da comunidade puido percibilo

A Terra está atravesando unha época de maior actividade sísmica?

Dous terremotos de gran magnitude sacudiron Venezuela o 24 de xuño, e despois seguiron outros en Xapón, Colombia, Indonesia e Granada

Alerta sísmica no teu móbil: así funciona o sistema de Google que avisa dos terremotos en segundos

Os teléfonos Android contan cun servizo de avisos por tremores tectónicos que se lanzou nos primeiros segundos dende o comezo do fenómeno que golpeou Venezuela

Tremor no Caribe

Dous terremotos sacoden Venezuela e deixan un balance catastrófico con 1.450 falecidos e 3.150 feridos. Por Laura Filloy