A radiografía das mortes violentas en Galicia

A memoria anual do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) recolle todos os anos a actividade deste organismo público. Un dos puntos salientables do seu traballo é o labor do Servizo de Patoloxía Forense, encargado da investigación xudicial das mortes que acontecen en Galicia. Céntrase, sobre todo, nas mortes violentas e sospeitosas de criminalidade, aínda que, baixo algúns factores, tamén intervén en casos de morte natural.
Así, o Imelga realizou no 2016 un total de 1.967 autopsias, das que 1.031 se corresponderon con mortes naturais, e 936, con falecementos violentos. Estes últimos distribuíronse do seguinte xeito segundo as súas causas:

Mortes violentas en Galicia segundo a causa. Fonte: Imelga.
Mortes violentas en Galicia segundo a causa. Fonte: Imelga.

Delas, 17 foron homicidios, 345 suicidios (case un por cada día do ano), e 574 accidentais. A área de Santiago acapara máis dunha quinta parte dos falecementos violentos, con 205, por riba das cifras da Coruña (183) e Vigo (172).

Publicidade

Suicidios

Deste xeito, os suicidios representan o 36,8% do total das mortes violentas en Galicia. Mantense, un ano máis, por riba dos 300 casos anuais dos últimos tempos, nos que se chegou a un máximo de 394 no 2014. “Para darnos conta da magnitude do problema – indica o informe – cabe dicir que neste último ano as mortes por suicidio foron 2,44 veces superiores ás mortes por accidentes de tráfico.

Respecto a 2015, destaca o aumento na zona de Ferrol, cun 70% (de 20 a 34). Por provincias, a taxa (casos por cada 100.000 habitantes maiores de 5 anos) máis alta é a da Coruña, un 16,65, máis do dobre que a media estatal (7,83). As de Lugo (10,13), Ourense (11,46) e Pontevedra (10,8), son sensiblemente menores. No conxunto de Galicia é de 11,74.

Publicidade

Accidentes de circulación

Debido á incidencia do problema na sociedade galega, o Imelga tamén realiza un estudo pormenorizado das mortes debidas a accidentes no uso de vehículos a motor. Sinala o informe que se manexa un concepto “máis amplo” que o dos accidentes de tráfico, pois tamén se contabilizan as mortes producidas de “xeito diferido” a consecuencia da evolución ou complicacións xurdidas en relación directa coas lesións sufridas no momento do sinistro, polo que non coinciden exactamente coas que manexan outros organismos.

No ano 2016, 143 persoas faleceron por estas causas. O Imelga clasifícaas deste xeito:

Mortes segundo tipo de accidente. Fonte: Imelga.
Mortes segundo tipo de accidente. Fonte: Imelga.

De igual modo, recóllense os datos sobre o consumo de alcohol e drogas nos accidentes mortais, no marco da colaboación coa Garda Civil de Tráfico e as Policías Locais. Das 114 vítimas susceptibles de seren estudadas, atopáronse 45 positivos: 31 por alcohol, que ademais apareceu combinado en 4 das vítimas con drogas e en 3, con psicofármacos; outros 5 por psicofármacos e 2 por drogas. Cabe sinalar que o 78,12% das vítimas con positivo por alcol tiñan valores superiores a 1,5 gramos de alcohol/litro de sangre.

Aquí podes consultar a Memoria de actividades do Imelga 2016.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro