Javier Montenegro, do CIQUS, obtén a máis prestixiosa axuda europea

A Universidade de Santiago acaba de incrementar a súa nómina de proxectos financiados polo European Research Council (ERC) a través da convocatoria Starting Grant, considerada a axuda máis prestixiosa que se concede en Europa a investigadores novos, cun importe aproximado 1,5 millóns de euros para os próximos cinco anos. O Consello Europeo de Investigación concedeu o seu apoio ao investigador Javier Montenegro García polo proxecto Dynamic Cell Penetrating Petides (DYNAP).

No eido das ciencias físicas houbo 1.300 propostas e só 126 acadaron a axuda

Entre as súas singularidades, este proxecto combinará no seu desenvolvemento a química, a bioloxía e os novos materiais co obxecto de atopar “novas formas de atravesar a membrana celular de forma selectiva”. Como explica o investigador, a propia membrana utilizarase como o molde biolóxico idóneo para esculpir as moléculas transportadoras, definiendo así a súa forma ideal. Os potenciais resultados apuntan a campos como a diagnose de enfermidades, o transporte de fármacos e a terapia xénica.

Este novo contrato Starting Grant vén avalar á excelencia investigadora da Universidade de Santiago de Compostela e súmase aos concedidos a Francisco Rivadulla, Miguel López, Rubén Nogueiras, Carlos Salgado e Diego Martínez. Nesta mesme eido, o profesor José Luis Mascareñas foi recoñecido en 2013 coa convocatoria Advanced Grant, tamén do Consello Europeo de Investigación.

Publicidade

As ayudas Starting Grant(StG) outorgadas polo Consello Europeo de Investigación están destinadas a investigadores novos cunha traxectoria profesional prometedora. O seu obxectivo esencial, tal e como explica o propio Consello, é “apoiar os futuros directores de investigación que estéan a punto de establecer ou consolidar un equipo de investigación adecuado para afrontar investigacións independientes en Europa”.

A proposta de Javier Montenegro, que se desenvolverá nos laboratorios do CIQUS, foi seleccionado no ámbio específico das Ciencias Físicas e a Enxeñaría -un dos tres ámbitos temáticos nos que se outorgan as axudas Starting Grant-. Neste eido solicitaron financiamento preto de 1.300 propostas, aínda que finalmente só 126 o acadaron, o que mostra a alta competencia que se rexistra na convocatoria. Do resto de España, unicamente outros once investigadores acadaron o apoio do ERC nalgún dos tres ámbitos temáticos contemplados.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O físico Antón Baleato incorpórase ao IGFAE: “Quero axudar a construír rede e cultura científica en Galicia”

O cosmólogo creará o seu grupo de investigación no centro para impulsar o proxecto ACCELENS, beneficiado cunha Starting Grant

O CiQUS desenvolve materiais orgánicos porosos semicondutores sen necesidade de dopantes

O traballo, froito da colaboración entre tres grupos de investigación, permite incorporar portadores de carga directamente na estrutura, preservando as súas propiedades cristalinas

A investigadora da UDC Itziar Sobrino acada unha Starting Grant para investigar en dereito ambiental

A galardoada estudará as causas polas que determinadas obrigas se aplican de maneira efectiva mentres que outras se debilitan ou se aplican parcialmente

O galego Antón Baleato logra unha Starting Grant para entender por que se acelera a expansión do universo

O cosmólogo incorpórase ao IGFAE para desenvolver o proxecto ACCELENS, que analizará datos procedentes do fondo cósmico de microondas e a distribución das galaxias