Última semana de prazo para optar aos premios de Transferencia de Tecnoloxía

Este xoves 31 de maio remata o prazo para a presentación de candidaturas aos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2018, o certame convocado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN). Os galardóns  recoñecen os casos de éxito en transferencia de coñecemento en Galicia, pe difundilos entre a cidadanía e, en particular, investigadores e empresarios. Este ano, para facilitar a participación, ofreceuse como novidade a presentación telemática de candidaturas, que se pode realizar a través dun formulario dispoñible na web da RAGC e a GAIN.

obxectivo dos premios, segundo explica o presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, “ten dúas vertentes: por unha banda, estimular a actividade científica que se fai en Galicia e, pola outra, animar ás empresas para que demanden a axuda da ciencia para progresar”. Engade Ríos que, “dada a importancia que teñen a ciencia e a tecnoloxía para o desenvolvemento socioeconómico dos países, é fundamental que se transfira ás empresas todo ese traballo de investigación para conseguir un sistema produtivo baseado no coñecemento”.

Publicidade

A inscrición pode realizarse a través de formularios dispoñibles na web da RAGC e Gain

Deste xeito, os premios divídense en tres modalidades. En primeiro lugar, a categoría dirixida a grupos científicos que desenvolvan investigación aplicada e que estean adscritos a centros tecnolóxicos ou de investigación ubicados en Galicia. Será escollida, segundo as bases, “a que mellor represente a contribución dun traballo de investigación ao desenvolvemento socioeconómico de Galicia a través da transferencia dos seus resultados ao mercado”. O proxecto gañador recibirá 6.000 euros netos, aos que se engade unha axuda de 4.000 euros para a formación dun membro do equipo durante unha estancia de entre dous e tres meses nun centro de investigación de fóra de Galicia.

E por outra banda, as outras dúas categorías están enfocadas cara o traballo das iniciativas empresariais. Unha delas vai dirixida ás pemes e micropemes galegas que acrediten innovacións procedentes da adquisición dunha patente, dun proxecto conxunto con un ou varios grupos de investigación ou outro mecanismo calquera de transferencia. A dotación deste premio ascende a 12.000 euros netos. Nesta categoría o recoñecemento correspondeulle en 2017 a HGBeyond Materials Science. Esta spin-off nacida na Universidade de Santiago de Compostela en 2015 baixo o nome Lentimed, desenvolveu, en colaboración co Grupo I+D Farma da USC, hidroxeles para a liberación de substancias activas no organismo

Publicidade

Por último, outra modalidade seleccionará o mellor proxecto de grandes empresas, tomando como referencia os mesmos méritos cos que se valorará ás pemes. O premio, neste caso, ten carácter honorífico, e grupo de investigación percibirá 6.000 euros netos en concepto de apoio ao seu traballo no eido da transferencia de coñecemento. Este galardón recaeu o ano pasado en BorgWarner Emissions Systems Spain. A colaboración co Grupo de Tecnoloxía Enerxética (GTE) da Universidade de Vigo permitiulle á filial española da multinacional, situada en Vigo, desenvolver unha ferramenta innovadora para o deseño e validación dos sistemas anticontaminación en motores de combustión interna de vehículos que implantará en todas as fábricas que ten repartidas polo mundo.

O detalle das bases e os formularios para a presentación de candidaturas poden obterse, nas seguintes ligazóns, nas webs da RAGC e da GAIN.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores do CiMUS abren unha vía nova para combater o carcinoma de tiroide máis agresivo

O proxecto siRNA, apoiado polo programa Ignicia da Xunta, desenvolve unha terapia experimental para matar as células tumorais de diversos cancros indiferenciados

Imprimir directamente na boca: un proxecto galego busca acelerar a rexeneración ósea dental

Investigadores do CICA desenvolven un biopen portátil para reproducir enxertos en 3D adaptados ao desperfecto de cada paciente

Unha investigación galega propón un tratamento contra a artrose que ataca o envellecemento celular

O proxecto SENPAD desenvólvese no marco da convocatoria Ignicia Proba de Concepto articulada pola Axencia Galega de Innovación

GCiencia lanza a décima edición dos premios Galicia Spin-Off

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación