Así foi a escala de Stephen Hawking en Vigo

 

A escala do astrofísico Stephen Hawking en Vigo despertou paixóns o sábado. Tras desembarcar do cruceiro 'Oasis of the seas' na súa escala na cidade, paseo polas Avenidas, o Casco Vello e A Pedra, onde degustou as famosas ostras. De feito, o cociñeiro Víctor Acuña, do restaurante 'La Espuela' atendeuno persoalmente e lle preparou unha crema de ostras e mexilóns, entre outras viandas como sopa de marisco, luras, xamón e queixo de tetilla. O chef puxo especial celo en non empregar fariñas que conteñan gluten, xa que lle advertiron de que Hawking é celíaco. Numerosas persoas aproveitaron a ocasión para fotografarse co mediático científico, autor da popular obra 'Historia do tempo'. Stephen Hawking chegou ás 9 da mañá e reembarcou as 17.00 horas para seguir a súa viaxe de cruceiro. Foto: Rafael Ojea.
A escala do astrofísico Stephen Hawking en Vigo despertou paixóns o sábado. Tras desembarcar do cruceiro ‘Oasis of the seas’ na súa escala na cidade, paseou polas Avenidas, o Casco Vello e A Pedra, onde degustou as famosas ostras. De feito, o cociñeiro Víctor Acuña, do restaurante ‘La Espuela’ atendeuno persoalmente e preparoulle unha crema de ostras e mexillóns, entre outras viandas como sopa de marisco, luras, xamón e queixo de tetilla. O chef puxo especial celo en non empregar fariñas que conteñan gluten, xa que lle advertiron de que Hawking é celíaco. Numerosas persoas aproveitaron a ocasión para fotografarse co mediático científico, autor da popular obra ‘Historia do tempo’. Stephen Hawking chegou ás 9 da mañá e reembarcou as 17.00 horas para seguir a súa viaxe de cruceiro. Foto: Rafael Ojea.
Stephen Hawking co cociñeiro vigués Víctor Acuña.
Stephen Hawking co cociñeiro vigués Víctor Acuña.

 

Stephen Hawking e os seus acompañantes, polo porto de Vigo.
Stephen Hawking e os seus acompañantes, polo porto de Vigo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Do 100% ao 36% nun trienio: a “preocupante” evolución da seca nos encoros galegos

A serie histórica de Eiras vai en liña coa situación de Cecebre, que marca o seu mínimo dos últimos 15 anos tras reducir case á metade as súas reservas

Cidades nas que vivir

Un estudo analiza os patróns de xentrificación en Vigo, Santiago e A Coruña

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos