Ciencia

Xinzo de Limia, no top 3 dos lugares máis fríos da Península

A estación da Aemet na vila ourensá rexistrou temperaturas por debaixo dos 10 graos negativos, só por detrás de Cuéllar (Segovia) e Ucero (Soria)

Isto é o que pasa ao ver a Lúa do revés desde o hemisferio sur

Os principais accidentes da superficie lunar, as fases e o resto do ceo mudan dependendo da latitude desde a cal a observamos

Lugo e Ourense, con máis frío ca Reykjavik, Oslo ou Estocolmo

As xeadas nos vales do interior de Galicia, unidas ás néboas, deixan temperaturas máis baixas ca en Escandinavia en pleno inverno

Alúa con éxito a sonda de China na cara oculta do noso satélite

A nave Chang'e-4 é o primeiro artefacto en aluar na outra banda da Lúa e leva un vehículo explorador

Chega o espectáculo da choiva de estrelas das Cuadrántidas

O máximo de meteoros vaise vivir na noite do 3 ao 4 de xaneiro nunha das chuvias de estrelas fugaces máis activas do ano

Galicia, lugar privilexiado para a eclipse de Lúa do 21 de xaneiro

Hai só uns meses, a finais de xullo do pasado ano, as nubes impediron que Galicia puidera gozar en plenas condicións da que foi...

Os 150 anos da táboa periódica, unha icona da ciencia

Cúmprese un século e medio desde que o científico ruso Dimitri Mendeleiev propuxo a ordenación dos elementos químicos que seguimos usando hoxe

New Horizons sobrevoa Ultima Thule, a fronteira do Sistema Solar

A sonda da NASA envía sinais que confirman a súa chegada á xeada rocha situada a 6.500 millóns de quilómetros

“Non queremos ser un país de servizos, queremos xerar coñecemento”

A reunión anual de Mozos Investigadores no Estranxeiro, celebrada na Coruña, puxo de relevo a falta de apoio á investigación que persiste en Galicia

Javier Montenegro atrae a Santiago dous novos proxectos de excelencia

O investigador do CiQUS de Santiago estudará novas formas de atravesar a membrana celular de forma selectiva cun dos proxectos "Proof of Concept"

Lanzado con éxito o satélite galego ‘Lume-1’ co foguete Soyuz

A nave saíu con éxito esta madrugada do porto espacial de Vostochny, en Siberia

Aguado: “O Lume-1 ten dende Galicia un impacto mundial’

O director da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo celebra o éxito deste cuarto lanzamento dun satélite galego

Deseucaliptización é a Palabra do Ano 2018

O neoloxismo que reflicte a preocupación pola xestión forestal en Galicia recibiu máis da metade dos votos na iniciativa do Portal das Palabras

Físicos de Santiago saen á caza das ondas gravitacionais

O IGFAE da Universidade de Santiago incorpórase ao proxecto internacional LIGO para estudar estas deformacións do espazo-tempo

Os 10 avances científicos de 2018 que fixeron historia

A revista Science publica o seu resumo do ano cos principais achado dos últimos doce meses

O Goberno rehabilita a sete científicos castigados pola ditadura franquista

O Consello de Ministros devolve as medallas e méritos que lles foron retirados por Franco en 1941 a estas figuras sobranceiras da ciencia