Martes 3 Decembro 2024

Os alumnos inventan a aplicación que aparca o coche

Unha cúpula para bicicletas, unha aplicación móbil para aparcar o coche ou un sistema para cultivar leitugas mediante luces LED son só uns poucos exemplos do que se poderá ver, oír e tocar na Galiciencia este ano. A maior feira científica de Galicia trae como novidades a ampliación do horario para acoller máis actividades e a participación de equipos formados por alumnos de Primaria, o que eleva o número de proxectos expostos a 64, o maior ata a data.

A Galiciencia é un ano máis actividade de referencia da Semana da Ciencia en España por medio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), patrocinadora do evento xunto coa Consellería de Economía e Industria.

Publicidade

Alumnos de Primaria sumánse a esta edición, na que defenderán as súas propostas nunha sección especial

Durante os días 19, 20 e 21 de novembro a entidade organizadora, Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia, acollerá no seu recinto de Ourense unha carpa na que os equipos participantes –formados por estudantes de toda Galicia, a excepción de catro grupos que proceden de Cataluña– mostrarán ao público os seus proxectos científicos e de innovación. A previsión de visitas de grupos escolares de toda Galicia supera as 2.000, ás que se sumarán as persoas que acudan pola súa conta, xa que a feira é de entrada libre para particulares e familias. Este ano amplíase o horario da exposición de proxectos en dúas horas, de maneira que permanecerá aberta de 10 a 13 horas pola mañá e de 15 a 18 horas pola tarde.

GALICIENCIA 2013 TECNOPOLE OURENSE
Demostración en vivo no pasado Galiciencia.

Ademais de escolares e profesores de centros de Secundaria e de FP, aos que se sumarán varios equipos de alumnos das Aulas Tecnópole, a iniciativa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia, e un equipo que preparou o seu proxecto durante o campamento tecnolóxico de verán (T2W) organizado pola Tecnópole o pasado mes de xullo. Os alumnos e alumnas de Primaria, que se suman este ano ao evento, expoñerán os seus proxectos nunha sección especial en dúas quendas, de maneira que dez equipos estarán o mércores e os outros dez o xoves.

Publicidade

Ademais, a Fundación Barrié ofrecerá unha charla para que os docentes coñezan a iniciativa ‘educaCiencia’ e levará á Tecnópole a exposición de fotografía ‘InvestigArte’.

A Galiciencia chega á súa novena edición cunha ampla oferta de actividades paralelas á exposición de proxectos que inclúe a conmemoración do Ano Internacional da Cristalografía e da Agricultura Familiar e do Ano da Biotecnoloxía en España a través de varios talleres orientados a diferentes idades. Neles os participantes experimentarán cos cristais e coñecerán cales son os procesos biotecnolóxicos tradicionais da agricultura familiar, unha actividade que conta con máis de 500 millóns de explotacións en todo o mundo.

A feira científica celebrarase do 19 ó 21 de novembro en Ourense e prevé recibir a máis de 2.000 visitantes

Estes talleres complementaranse con actividades de planetario e robótica LEGO para os máis pequenos e un obradoiro de tecnoloxías punteiras para os maiores, xunto cunha charla sobre a relación entre a ciencia e a música que poderá seguirse online desde calquera centro educativo de Galicia.

De novo, a Galiciencia contará cun equipo de reporteiros audiovisuais formado por participantes na feira que gravarán todo o que ocorra na exposición de proxectos e nos talleres e espectáculos para editar o vídeo oficial do evento coas mellores imaxes.

Ademais, o certame volverá contar coa súa propia redacción de xornalistas, formada por estudantes previamente adestrados como reporteiros para cubrir o evento e elaborar entre todos a revista oficial, que será distribuída entre os asistentes á entrega de premios o último día.

Durante a clausura, ademais da entrega de premios aos mellores proxectos por categorías, darase a coñecer tamén o gañador do concurso de fotografía científica convocado no marco deste certame.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo programa de bolsas para traballar nas ‘start-ups’ máis punteiras de EEUU

A Fundación Barrié e a asociación The Exponential Fellowship presentan a primeira edición dunha iniciativa dirixida a titulados universitarios de disciplinas técnicas

A feira ‘A ciencia que vén’ celebrarase por primeira vez en Pontevedra

O evento da UVigo englobará unha serie de obradoiros, actividades lúdicas e charlas divulgativas

Intelixencia artificial para detectar TDAH nas aulas e outros proxectos de Galiciencia 2024

A feira científica reúne un centenar de traballos de alumnado de Secundaria, Bacharelato, FP e Primaria de toda a comunidade
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural