O fenómeno de El Niño axuda a espallar patóxenos entre continentes

Existen evidencias que vinculan os brotes de infeccións de Vibrio –un xénero de bacterias entre as que se atopa a que produce o cólera– na costa oeste de centro e Sudamérica con eventos de El Niño. Novas ferramentas nos campos da xenómica microbiana e percepción remota están axudando a comprender o papel que este fenómeno pode representar ao actuar como un transmisor de enfermidades transmitidas pola auga, facilitando a súa extensión polo Océano Pacífico, dende Asia a América.

Eventos de El Niño en 1997 e o actual.
Eventos de El Niño en 1997 e o actual.

El Niño é un patrón climático que describe o quentamento inusual de augas superficiais no Pacífico ecuatorial e que acostuma ocorrer cada 3-7 anos, pero que non se poden predicir de forma precisa. A súa manifestación máis evidente é o desprazamento de augas quentes dende a marxe Occidental ao Este do Pacífico. O impacto deste fenómeno é moi grande e afecta os patróns meteorolóxicos locais, pesqueiras, eventos extremos e o clima mundial no seu conxunto.

Publicidade

Nas últimas tres décadas, e coincidindo cos tres eventos de El Niño máis significativos (1990-1991, 1997-1998 e 2010), novas variantes de patóxenos apareceron na marxe oriental do Pacífico. Unha delas inclúe unha variante de Vibrio Cholerae (1990) e dúas de Vibrio Parahaemolyticus (1997&2010). A primeira causou un brote devastador de cólera en Perú, mentres que as demais produciron enfermidades relacionadas co consumo de marisco.

Os patóxenos transitan entre Asia e América favorecidos por El Niño

Nun recente artigo en Nature Microbiology , un grupo de científicos no que se inclúe o investigador do Laboratorio de Sistemas do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC Joaquin A. Triñanes, apuntan indicios de que El Niño pode xogar un papel importante no transporte de estes patóxenos ao continente americano. Nesta colaboración, na que ademais participan a Universidade de Bath e o CEFAS no Reino Unido, NOAA, FDA e a Universidade de Miami en Estados Unidos, móstrase que os resultados da secuenciación xenómica de variedades de patóxenos en América, especialmente en Perú e Chile, están moi ligados a variedades asiáticas.

Publicidade

Os autores do estudo, liderado polo ex investigador da Universidade de Santiago e actualmente profesor da Universidade de Bath Jaime Martinez-Urtaza, indican que as bacterias responsables das infeccións poden ligarse a organismos maiores como o zooplankton e moverse con eles longas distancias. Así, El Niño pode representar “un mecanismo de transporte biolóxico que permita a chegada de organismos mariños de áreas distantes”, apunta Triñanes.

Nesta investigación, o equipo da Universidade de Santiago traballou na monitorización e estudo dos parámetros medioambientais responsables dos brotes, empregando para iso datos de satélites que permiten acadar unha cobertura repetitiva e a alta resolución especial, spectral e radiométrica da zona obxecto de estudo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Regresa El Niño, o fenómeno que incrementa (aínda máis) as temperaturas a nivel global

O evento meteorolóxico causa episodios atmosféricos extremos e podería deixar un outono máis chuvioso en Galicia

A alga asiática que arrasa Cádiz chega as Cíes e expándese pola costa galega

Unha especie invasora detectada previamente en Cádiz consolida a presenza en augas do noroeste e preocupa polo seu impacto ecolóxico e económico

Que está a pasar esta tempada micolóxica? “Se non chove, os cogomelos non saen”

A falta de chuvias, a escaseza de humidade e as altas temperaturas atrasan a aparición das especies máis comúns nos montes de Galicia

“El Niño propicia vagas de calor moi intensas no hemisferio norte, e iso inclúe Galicia”

O investigador Rafael Carballeira advirte dos efectos crecentes do fenómeno no clima galego e participa nun proxecto internacional para reconstruír a súa historia nos últimos 10.000 anos