O Muncyt celebra o seu quinto aniversario cun amplo programa de actividades

Este xoves cúmprense cinco anos da inauguración do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) da Coruña, situado no barrio de Labañou. Neste lustro, centenares de miles de persoas pasaron polas súas instalacións.

Para celebrarlo, a entidade programou numerosas iniciativas ao longo do mes, entre as que destacan o Día da Ciencia na Rúa, este sábado 6, un monólogo humorístico de Miguel Lago, concursos e exposicións fotográficas, música e obradoiros de ciencia e tecnoloxía.

Publicidade

Viñeta conmemorativa do aniversario. Foto: Agencia Sinc.
Viñeta conmemorativa do aniversario. Foto: Agencia Sinc.

O Muncyt, inagurado polos reis de España o 4 de maio de 2012, alberga interesantes pezas, como o primeiro acelerador de partículas de España, deseñado e construído pola Xunta de Enerxía Nuclear en 1957; un computador IBM 650, o primeiro que chegou ao noso país da man de RENFE en 1959; ou a cabina do Boeing 747 que trouxo o Guernica desde Nova York a España en 1981.

O Muncyt da Coruña recibiu en 2014 unha mención especial no Certame ao Mellor Museo Europeo de 2014 de Tallín (Estonia) “pola súa capacidade para comunicar conceptos científicos e técnicos, o seu compromiso e responsabilidade social e por conservar o patrimonio tecnolóxico, industrial e científico de España e Galicia”.

Publicidade

O edificio forma parte do plan de descentralización da entidade que xestiona o museo. A primeira sede abriu as súas portas en Madrid, no paseo das Delicias, hai agora 20 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España