Continúan os movementos sísmicos en Pontevedra

A terra segue movéndose no oeste de Pontevedra, xusto o día no que se cumpren 21 anos do sismo de magnitude 5,1 en con epicentro no coñecido como triángulo sísmico de Lugo. Nas últimas horas, o Instituto Geográfico Nacional rexistrou dous novos movementos sísmicos nos municipios de Ponte Caldelas e Soutomaior. Foron terremotos de pouca magnitude (1,8 e 2) pero que confirman a continuidade do enxame sísmico que comezou a manifestarse a pasada semana.

Despois da sucesión de terremotos dos días 15 e 16, nos que chegaron a acumularse 32 movementos segundo os sismógrafos do IGN, cunha magnitude máxima de 3,1, a frecuencia destes sismos baixou, pero seguiu habendo actividade. De feito, o maior terremoto, de magnitude 3,2, sentiuse ás 7.30 horas do pasado día 17 en numerosas localidades do sur de Galicia. O IGN recibiu confirmación de que se sentira con intensidade III en puntos como Poio, Marín, Barro, Meis e Pontevedra, e con intensidade II en Dozón, Sanxenxo, Melón, Redondela, Ribeira ou Vilanova de Arousa. Poucas horas antes, ás 3 e ás 5 da madrugada, sentíronse tamén movementos sísmicos de magnitude 2,9 e 2,7.

Publicidade

A pasada semana, despois de que aconteceran os primeiros terremotos na zona, o director da Rede Sísmica do Instituto Geográfico Nacional, Emilio Carreño, confirmaba a GCiencia que esta situación “poderíase clasificar” como enxame sísmico; é dicir, a sucesión de tremores que se producen nun área concreta durante un período determinado de tempo, e que poden durar horas, días ou meses.

Tal e como sinalaba tamén o xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní, existe unha pequena falla activa baixo a zona da provincia de Pontevedra onde se están a producir os sismos. O rexistros históricos tamén dan conta da existencia de sucesos semellantes no pasado nesta mesma zona.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Viaxar no tempo

As últimas escavacións en Santa Clara sacan á luz un tesouro arqueolóxico. Por Laura Filloy

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación