Marisol Soengas acada unha bolsa europea Advanced Grant de 2,5 millóns

A investigadora galega do CNIO estuda o melanova e a capacidade deste cancro para espallar a metástase

A científica galega Marisol Soengas (Agolada, 1968) acadou hoxe unha prestixiosa bolsa Advanced Grant que concede o Consello Europeo de Investigación, que lle permitirá investir 2,5 millóns de euros nos vindeiros cinco anos para investigar o melanoma, un cancro de pel dos máis agresivos e con alta incidencia e mortalidade.

Xunto a Marisol Soengas tamén obtivo unha Advanced Grant María Blasco. Ambas as dúas científicas pertencen ao Centro Nacional de Investigacións Científicas (CNIO).

Publicidade

Estas axudas forman parte das bolsas que o ERC outorgou hoxe a 185 investigadores europeos, 14 deles españois, e que foron seleccionados entre case 1.900 candidatos.

As ERC Advanced Grants concédense a proxectos innovadores e orixinais que contribúan a resolver retos científicos, e que estean liderados por científicos europeos que lograsen importantes achados no últimos dez anos.

Publicidade

O proxecto de Soengas afronta o reto de comprender como o melanoma, un tumor de pouco máis de 1 milímetro de grosor, pode dar lugar a células capaces de diseminarse por todo o organismo e causar máis do 80% das mortes por cancro de pel.

Marisol Soengas lidera o achado do ‘capitán xeral’ da metástase do melanoma

O seu grupo describiu múltiples xenes que definen a identidade do melanoma que o fai tan metastásico, o que permitiría intervir en fases máis temperás da enfermidade para, unha vez que as metástases se xeren, eliminalas.

En 2017, o equipo de Soengas creou uns modelos de rato bioluminiscentes chamados MetAlert que permitían aos científicos ver nun organismo vivo e sen intervencións cirúrxicas ou invasivas como se disemina o cancro a través do sistema linfático do animal, o que serviu para identificar distintos roteiros de avance do tumor.

O mesmo estudo identificou varios axentes “preparadores e inductores” de metástases, en particular a proteína ‘midkine’ que ao expresarse converte un tumor non metastásico nun metastásico e, á inversa, se se bloquea, é capaz de inhibir as metástases, demostrando ser unha excelente diana terapéutica.

Metalert-Stop profundará nesta investigación, cuxos resultados serán moi útiles para entender os procesos de metástases noutros tipos tumorales, como gliomas e glioblastomas, carcinomas hepáticos ou de pulmón, entre outros.

Pola súa banda, María Blasco, xefa do Grupo de Telómeros e Telomerasa e directora científica do CNIO, céntrase nas shelterinas do cancro, unhas proteínas que protexen aos telómeros -esenciais para a vida celular- e que nas células sas, co paso do tempo, vanse acurtando, o que provoca enfermidades asociadas ao envellecemento.

Nas células do cancro, con todo, os telómeros mantéñense longos, o que as converte en células inmortais capaces de dividirse sen control. O proxecto de Blasco pretende buscar estratexias terapéuticas que anulen esa capacidade dos tumores para dividirse de maneira infinita e bloquear o seu crecemento descontrolado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade

Unha nova Unidade Mixta da USC impulsa terapias innovadoras en cancro e enfermidades inflamatorias

A colaboración con SunRock Biopharma integra grupos do CiMUS para validar candidatos terapéuticos en fases temperás