O químico Javier Montenegro, premio Novos Líderes de Grupos de Investigación

O investigador ERC Starting Grant do CiQUS da USC Javier Montenegro acaba de obter o premio nacional ‘Novos líderes de grupos de investigación’ que concede o Grupo Especializado de Química Biolóxica da Real Sociedade Española de Química (GEQB-RSEQ) por “converterse en moi poucos anos nun referente nacional e internacional polo impacto do seu traballo no transporte a través de membranas celulares con sistemas peptídicos auto-ensamblados”.

Este galardón supón un novo recoñecemento da RSEQ á traxectoria de Montenegro, que se suma ao premio ‘Novo Investigador Sigma-Aldrich’ 2018 recibido o pasado maio e que destacaba a prometedora proxección da súa carreira científica, ligada ao CiQUS da USC dende 2012, cando se incorporou ao grupo do profesor Juan Granja cun contrato Juan de la Cierva. En 2015 convértese en investigador do programa Ramón y Cajal e pon en marcha o seu propio laboratorio, seguindo a liña de investigación que iniciou en 2009 durante unha estadía postdoutoral na Universidade de Xenebra.

Publicidade

Dende a posta en marcha do seu laboratorio, este investigador captou nos últimos cinco anos máis de tres millóns de euros a través de convocatorias autonómicas, estatais e internacionais, entre as que se inclúen a axuda conseguida en 2017 do Human Frontiers Science Program. Recentemente, recibiu unha das prestixiosas axudas ‘Proof of Concept’ do Consello Europeo de Investigación (ERC) para a transferencia e aplicación dos resultados do seu proxecto en curso tras ser premiado en 2015 cunha ‘ERC Starting Grant’.

Estes proxectos permitíronlle establecer unha investigación punteira en química biolóxica e novos materiais moleculares, diversificando así os seus intereses en investigación e traballando en aspectos fundamentais dos procesos de autoensamblaxe e formación de estruturas dinámicas con aplicacións biolóxicas e terapéuticas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS

Un equipo da USC logra unha reacción química para construír bibliotecas de moléculas codificadas por ADN

O descubrimento liderado polo investigador do CiQUS Manuel Nappi pode ser clave na procura de fármacos

Roubar a estabilidade dunha molécula ultra-estable durante unha fracción de segundo: así o estuda o CiQUS

O científico Luis M. Mateo recibe a prestixiosa Bolsa Branco Weiss que financiará o proxecto ‘PhthalocyanYnes’ con máis de 635.000 euros durante cinco anos