Investigadores da USC crean unha vacina para as diarreas por E.coli en leitóns

O Laboratorio de Referencia de Escherichiacoli (E.coli)  con sede na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, vén de desenvolver en colaboración coa empresa CZ Veterinaria unha nova vacina para previr as diarreas en leitóns que son provocadas por cepas da bacteria E.coli  pertencentes a clons específicos e por Clostridium perfringens tipo C.

A vacina Entericolix©, comercializada en Europa pola multinacional alemá líder no sector porcino Boehringer Ingelheim Animal Health, contén cinco cepas de E.coli inactivas que pertencen a clons enteropatóxenos con alto grao de éxito e amplamente difundidos a nivel mundial que expresan distintos antíxenos nas súas adhesinas.

Publicidade

Esta nova vacina, que é o resultado de catro anos de intensas investigacións realizadas de xeito conxunto entre os investigadores do Laboratorio de Referencia E.coli da USC e do departamento de I+D da empresa CZ Veterinaria, con sede no Porriño (Pontevedra), inclúe ademais na súa composición un toxoide  de Clostridium perfringens tipo C e un adxuvante oleoso para potenciar o poder inmunizante dos antíxenos.

A vacina é resultado de catro anos de traballo conxunto con CZ Veterinaria

A especie de destino da Entericolix© é o porcino e debe administrarse por vía intramuscular as nais xestantes sete e catro semanas antes do parto. A citada vacina induce a formación de grande cantidade de anticorpos que chegan ás crías nadas (leitóns) especialmente cando maman os costros (leite maternal que inxiren durante as primeiras 24 horas de vida). Estes anticorpos bloquean as adhesinas das E. coli e impiden que se poidan adherir as bacterias e colonizar así o epitelio intestinal para logo ser eliminadas nas feces sen causar diarrea, segundo explica o catedrático da USC Jorge Blanco.

Publicidade

O director do LREC da USC, o grupo de investigación que desenvolveu e deseñou a Entericolix©, afirma asemade que dado que na actualidade a maioría das cepas de E.coli enteropatóxenas porcinas son multirresistentes a antibióticos, a única forma eficaz para loitar contra as colibaciloses porcinas é o emprego de vacinas.

Blanco explicou asemade que ademais de previr diarreas en leitóns provocadas por cepas deE.coli, a Entericolix© é unha vacina que tamén se pode empregar para previr a enfermidade dos edemas que afectan especialmente aos ranchiños logo de destetalos e tamén fronte a enterite necrótica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un texto inédito de 1760 saca á luz o achado dun corpo saponificado en Noia: “Foi unha profunda conmoción”

O cura de Fruíme investigou o caso e negou a santidade do cadáver, ao que o pobo lle arrincara varias partes para usalas como reliquias

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos