Por tras de Saturno

Créditos da imaxe: NASA/JPL-Caltech/Space Science Institute.
Créditos da imaxe: NASA/JPL-Caltech/Space Science Institute.

Explicación: que hai por tras de Saturno? A primeira resposta sería a propia cámara, pendurada da nave espacial Cassini, que na actualidade está a orbitar por tras do planeta que ten o maior sistema de aneis do Sistema Solar. A estraña perspectiva deixa á Cassini na beira afastada desde o Sol así que a metade de Saturno aparece escura; unha perspectiva que ningún observador terrestre podería acadar. Por tras de Saturno, no contexto da fotografía en infravermellos publicada, está a lúa Tethys, que se olla como unha manchiña pequena por riba da rara nube de deseño hexagonal que envolve o polo sur de Saturno. Realmente, Tethys orbita ao planeta xusto no plano dos aneis, que sitúa á lúa de 100 km de diámetro moito máis afastada da Cassini có propio planeta. A Cassini estivo a estudar a Saturno mailas súas lúas durante 12 anos pero, por desgraza, a súa abraiante misión rematará cedo. Con fin de protexer a vida que puidera existir sobre ou no interior das lúas de Saturno, a nave espacial automática será dirixida para bater na grosa atmosfera de Saturno o vindeiro setembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman