Dous equipos galegos, seleccionados nas prestixiosas bolsas Synergy Grant

Diego Peña, do CiQUS, e Felipe Criado, do Incipit, serán investigadores principais de proxectos financiados con arredor de nove millóns de euros

O Consello Europeo de Investigación (ERC) anunciou no mediodía deste xoves a concesión a 34 proxectos científicos das axudas Synergy Grant, unha das convocatorias máis competitivas e prestixiosas á que poden acceder os investigadores e investigadoras na Unión Europea. E dous científicos galegos, que lideran grupos baseados en Santiago de Compostela, serán investigadores principais de iniciativas cun orzamento de arredor de nove millóns de euros.

Trátase de Diego Peña Gil, do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela, e Felipe Criado Boado, do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), pertencente ao CSIC. Neste último caso, Criado colaborará co equipo doutro investigador galego, Luis M. Martínez Otero, do Instituto de Neurociencias de Alicante, tamén do CSIC.

Publicidade

https://twitter.com/ERC_Research/status/1324305765679718401

As Synergy Grant financian iniciativas que, pola súa complexidade, deben involucrar a grupos de investigación de diversas institucións e eidos de coñecemento, para achegarse á cuestión desde distintos enfoques. “A intención é que traballen en proxectos ambiciosos nun amplo rango de disciplinas científicas”. Están liderados por entre 2 e 4 investigadores principais, e cada un dos grupos repártese os nove millóns de euros de financiamento, que se investirán durante varios anos para a contratación de persoal e o desenvolvemento das investigacións.

Publicidade

Diego Peña Gil

O químico Diego Peña Gil (Santiago de Compostela, 1974), será un dos investigadores principais do proxecto MolDAM (Single Molecular Devices by Atomic Manipulation), no que colaborará cos grupos de Leo Gross, no IBM Research de Zurich (Suíza) e Jascha Repp, da universidade alemá de Ragensburg (Ratisbona, en galego ou castelán).

Diego Peña: “Queremos estudar e controlar moléculas ata o máis mínimo detalle”

Felipe Criado Boado

Por outra banda, o arqueólogo Felipe Criado Boado (Santiago de Compostela, 1960), director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) e profesor de investigación do CSIC, será un dos catro investigadores do proxecto XScape (Material Minds: Exploring the Interactions between Predictive Brains, Cultural Artifacts, and Embodied Visual Search), xunto a Luis M. Martínez, tamén do CSIC, Andy Clark, da universidade inglesa de Sussex, e Johannes Mueller, da universidade alemá de Kiel.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Premiados sete investigadores e investigadoras mozos pola súa contribución ao avance científico galego

Verónica Bolón, Laura Castro, María Barreiro, Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado reciben os galardóns organizados pola RAGC-UIE

O CiQUS obtén o selo de Unidade de Excelencia María de Maeztu

O centro da USC recibirá arredor de tres millóns de euros para os próximos catro anos a través do recoñecemento do Ministerio de Ciencia

O investigador Cristóbal Pérez súmase ao CiQUS para impulsar a espectroscopía molecular

O científico ten unha traxectoria recoñecida a nivel internacional no deseño e aplicación de instrumentación avanzada para estudar a estrutura e dinámica de sistemas moleculares complexos

Galicia abre a porta a fármacos máis seguros que se activan con luz grazas a unha tecnoloxía pioneira

A investigación do CiQUS, destacada nun editorial pola revista ‘Nature Synthesis’, presenta unha estratexia que reduce os efectos secundarios mediante activación localizada