Un biólogo da USC, premiado pola Sociedad Española de Excelencia Académica

Yeray Folgar Cameán obtivo a máxima puntuación na clasificación a nivel estatal que recolle o expediente académico e os méritos curriculares

O estudante Yeray Folgar Cameán, graduado en Bioloxía pola USC e estudante do Máster Chembio&Mat na mesma universidade, acaba de ser galardoado pola Sociedad Española de Excelencia Académica (SEDEA), como o titulado coa maior puntuación do pasado ano académico atendendo ao seu expediente e aos méritos curriculares. De entre todos os participantes, 30 biólogos foron galardoados e Folgar Cameán obtivo a máxima puntuación.

Yeray Folgar traballou nos últimos catro meses dunha bolsa de investigación no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG-CSIC) e na actualidade está a cursar o máster, integrado no grupo de Javier Montenegro no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS). “De entre todos os participantes, fomos galardoados 30 biólogos e considero que este diploma no só leva o meu nome, senón tamén o da Facultade, situándose nesta edición á cabeza” manifestou o premiado, segundo recolle a USC, que tamén valorou “a excelencia académica e a grande calidade humana” do centro e do seu profesorado.

Publicidade

Pola súa parte, a Facultade de Bioloxía valorou moi positivamente “o feito de contar con estudantes deste nivel, tanto a nivel académico como humano”. “Debemos de fixar a atención nestes novos valores e facilitar o seu desenvolvemento coma investigadores e futuro da nosa universidade”, afirmou o decano Antonio Segura.

Tras unha avaliación curricular que tivo en conta diversos parámetros, levada a cabo por SEDEA e un comité de investigadores, catedráticos e expertos en cada área de coñecemento, seleccionáronse os mellores graduados a nivel estatal. O criterio de valoración con máis peso específico é a nota media final do expediente académico, aínda que tamén se teñen en conta moitos outros factores curriculares como as bolsas Erasmus ou bolsas internacionais de intercambio, de colaboración con departamentos universitarios, de investigación, premios ou distincións logradas, concursos ou certames de carácter académico, idiomas, coñecementos informáticos, realización de cursos, ou participación en congresos, entre outros factores.

Publicidade

O número de galardoados no ránking de cada título depende do número de estudantes que cursan esa titulación. En xeral, o número de seleccionados aos que se acredita como graduados top correspóndese aproximadamente co 1% dos universitarios egresados nese título. Os seleccionados como graduados top no ránking de cada carreira obteñen un certificado que os acredita como os mellores graduados de España na súa titulación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS

Un equipo da USC logra unha reacción química para construír bibliotecas de moléculas codificadas por ADN

O descubrimento liderado polo investigador do CiQUS Manuel Nappi pode ser clave na procura de fármacos

Roubar a estabilidade dunha molécula ultra-estable durante unha fracción de segundo: así o estuda o CiQUS

O científico Luis M. Mateo recibe a prestixiosa Bolsa Branco Weiss que financiará o proxecto ‘PhthalocyanYnes’ con máis de 635.000 euros durante cinco anos