Chega a 'superlúa' de agosto

A órbita da Lúa arredor da Terra non traza unha circunferencia perfecta, senón que é elíptica, e debuxa como un ovo, como lle acontece ao noso planeta respecto ao Sol. Isto implica que a distancia Terra-Lúa non é constante e varía ao longo do tempo. Esta fin de semana a Lúa pasará polo perixeo, o punto no que está á menor distancia da Terra, a uns 358.253 quilómetros. Cando a Lúa está no punto de perixeo e ademais coincide con fase de Lúa chea, adoita ser chamada ‘superlúa‘, polo seu tamaño aparentemente máis grande do normal. O termo non debe levar a interpretacións erróneas que fagan pensar en que vai alcanzar un tamaño desproporcionado.

Os fotógrafos terán a oportunidade de retratar unha Lúa chea espectacular

Un ollo nu é incapaz de diferenciar unha Lúa en apoxeo (máxima distancia á Terra) e outra en perixeo, aínda que a través dun telescopio si se pode apreciar unha leve variación do seu tamaño con respecto a outras Lúas cheas. Pero o tamaño aparente pode levar á sensación de que o noso satélite natural é ata un 16 por cento máis grande e ten un brillo ata un 30% máis intenso.
De calquera xeito, a ‘superlúa’ e unha gran oportunidade para os fotógrafos. A distancia focal será a clave para obter unha gran foto. Empregando unha focal larga, cun teleobxectivo, poderemos retratar a Lúa cunha auténtica apariencia de inmensidade. Podes atopar consellos para iso na web de fotografía Photopills.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados