Lego resposta á queixa dunha nena cunha colección de mulleres científicas

O pasado mes de xaneiro, Charlotte Benjamin, unha nena de sete anos de idade, escribiu unha carta á empresa de xoguetes de construción Lego para queixarse de que os bonecos da firma danesa eran "case todos de rapaces e apenas ningunha de rapazas". Ademais, engadía, as que representan nenas "fan cousas como ir á praia e de tendas, mentres que as de nenos se van de aventuras, salvan xente e teñen bos traballos". En resposta, Lego lanzou unha colección chamada Instituto de Investigación, deseñada pola xeofísica Ellen Kooijman, con deseños que representan a unha paleóntóloga, unha astrónoma e unha química, como as que se ven nesta foto. Ademáis, veñen con microscopios, telescopios e tubos de ensaio. A atención de Lego á xustificada protesta tivo éxito. As figuriñas, a 20 euros a unidade, están esgotadas na tenda da compañía.
O pasado mes de xaneiro, Charlotte Benjamin, unha nena de sete anos de idade, escribiu unha carta á empresa de xoguetes de construción Lego para queixarse de que os bonecos da firma danesa eran “case todos de rapaces e apenas ningunha de rapazas”. Ademais, engadía, as que representan nenas “fan cousas como ir á praia e de tendas, mentres que as de nenos se van de aventuras, salvan xente e teñen bos traballos”. En resposta, Lego lanzou unha colección chamada Instituto de Investigación, deseñada pola xeofísica Ellen Kooijman, con deseños que representan a unha paleóntóloga, unha astrónoma e unha química, como as que se ven nesta foto. Ademáis, veñen con microscopios, telescopios e tubos de ensaio. A atención de Lego á xustificada protesta tivo éxito. As figuriñas, a 20 euros a unidade, están esgotadas na tenda da compañía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional

Documentadas novas anomalías de coloración en peixes mariños de Galicia e Andalucía

A investigación describe tres exemplares con alteracións pigmentarias e outros tres casos posibles observados na ría de Vigo