A Academia de Ciencias convoca o Premio Celia Brañas de Xornalismo Científico

O galardón, cuxo prazo está aberto ata o 20 de maio, recoñecerá os traballos que reflictan calquera aspecto relacionado coa ciencia desenvolvida en Galicia

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, acaba de convocar a sexta edición do premio de Xornalismo Científico, que desde esta edición leva o nome de Celia Brañas, unha das pioneiras na incorporación da muller á investigación científica en Galicia, tal e como recolle a súa reseña biográfica no Álbum da Ciencia.

Tal e como destacan as entidades convocantes, “o papel determinante que exercen a ciencia e a tecnoloxía no desenvolvemento económico e o benestar social dun país son a día de hoxe indiscutibles”, polo que “comunicar a ciencia á sociedade galega, facendo partícipe á cidadanía dos achádegos científicos e tecnolóxicos e/ou as súas aplicacións, así como tamén os casos de transferencia de coñecemento ás empresas galegas, convértese nunha prioridade para que ese papel dominante do coñecemento implique a todas/os as galegas e os galegos”.

Publicidade

Á convocatoria poderán presentarse, de xeito individual ou en equipo, os profesionais que desenvolvan a súa actividade en medios de comunicación de Galicia ou en edicións galegas de medios estatais, e que publicaran traballos de de difusión de investigación científica publicado entre o o 1 xuño de 2020 e o 20 de maio de 2021 en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal): diarios dixitais ou en papel, radio ou televisión.

Estas pezas, que deben responder aos xéneros da noticia, a crónica ou a reportaxe (quedando excluídas as entrevistas e artigos) deberán ter como tema principal calquera aspecto relacionado coa ciencia desenvolvida en Galicia: achádegos, difusión do labor de grupos ou centros de investigación, posibles aplicacións dos resultados da investigación, casos de éxito de transferencia de resultados ao mercado, etc.

Publicidade

O galardón recoñecerá con 3.000 euros o mellor traballo de difusión da investigación científica e concederase un accésit de 1.000 euros ao segundo traballo mellor valorado.

O xurado estará presidido pola Secretaria da RAGC e contará con catro vogais, dúas designadas por GAIN e outras dúas por parte da RAGC, entre as que haberá profesionais de recoñecido prestixio relacionados cos ámbitos da comunicación e da divulgación científica.

O proceso de presentación de candidaturas é telemático, a través dun formulario electrónico dispoñible na web da RAGC a partir do 20 de abril de 2021, data na que se abre o prazo de recepción dos traballos. Unha vez descargado e cumprimentado, o formulario será enviado por correo electrónico a pxornal@ragc.gal, acompañado da documentación complementaria sinalada nel. O prazo finaliza o 20 de maio de 2021.


Máis información no portal da Real Academia Galega de Ciencias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Premiados sete investigadores e investigadoras mozos pola súa contribución ao avance científico galego

Verónica Bolón, Laura Castro, María Barreiro, Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado reciben os galardóns organizados pola RAGC-UIE

Gumersindo Feijoo: “Os nosos fillos e netos vivirán menos se abandonan a dieta atlántica”

O catedrático de Química da USC e director científico do CRETUS ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil