Un proxecto liderado por Carracedo acha mutacións ligadas a casos graves de covid

O equipo investigador internacional identificou unha serie de variantes asociadas a complicacións da enfermidade en homes maiores de 60 anos

O proxecto SCOURGE, liderado polo catedrático da USC Ángel Carracedoacaba de demostrar a existencia dunha serie de variantes xenéticas que inflúen na evolución da covid-19 en homes e mulleres. O equipo investigador identificou unha serie de mutacións asociadas a unha maior gravidade da enfermidade en homes, especialmente nos maiores de 60 anos, cuxo estudo pode facilitar a comprensión de posibles complicacións asociadas a esta enfermidade. A investigación foi financiada polo Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII).

O equipo estudou durante dous anos o xenoma de 11.939 casos de covid-19 de toda España cunha ampla información clínica das persoas afectadas. Concretamente, SCOURGE, no que participan institucións de toda España e América Latina, centrouse en pacientes de 34 hospitais españois recrutados entre marzo e decembro de 2020.

Publicidade

Identificaron variantes nos xenes TLR7 e IFN que confirman o seu papel na evolución da enfermidade

Tras realizar estudos de asociación de marcadores xenómicos en función do sexo en persoas hospitalizadas por covid-19, os autores identificaron variantes nos xenes TLR7 e IFN, entre outros, que confirman o seu papel na evolución da enfermidade. Por exemplo, determinadas mutacións ligadas ao cromosoma X no xene TLR7 son causa dun tipo de covid-19 asociada a unha alta mortalidade que só afecta os homes. Ademais, localizáronse auto-anticorpos que danan o interferón tipo 1 (IFN I), relacionados coa aparición da pneumonía crítica por covid-19, especialmente entre homes de maior idade.

O estudo foi coordinado, ademais de polo profesor Carracedo; por Pablo Lapunzina, do Hospital Universitario La Paz-IdiPAZ, e Carlos Flores, do Hospital Universitario Nuestra Señora de Candelaria-FIISC-ITER, de Santa Cruz de Tenerife. Ademais, realizáronse metanálises no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) e no consorcio Covid-19 Host Genetics Initiative (HGI). Este estudo tamén incluíu mostras e datos clínicos recollidos no proxecto STOP Coronavirus, do Hospital 12 de Outubro de Madrid, no que tamén participaron outros hospitais españois.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

A covid pode provocar placas semellantes ás do alzhéimer nos ollos

Os estudos relacionan a néboa mental tras o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central

Madrid, Portugal e EEUU: esta é a procedencia das distintas variantes da covid en Galicia

O grupo de Filoxenómica do CINBIO, pertencente ao consorcio EPICOVIGAL, amosa nun artigo científico a orixe e introdución de alfa, delta e ómicron na comunidade galega

Gripe aviaria, mpox, chikungunya… Cal será a próxima pandemia?

O epidemiológo Juan Gestal analiza as posibles ameazas para a saúde pública cinco anos despois do estoupido da covid