BioIncubaTech, berce para a biotecnoloxía en Galicia

A Axencia Galega de Innovación financia, xunto á Fundación Incyde, unha iniciativa que ofrecerá novas infraestruturas ás investigacións neste sector

O Polígono de Costa Vella, en Santiago de Compostela, acolleu este martes a presentación da primeira convocatoria de BioIncubaTech, a nova aceleradora para o sector biotecnolóxico en Galicia. A iniciativa, á que se poden presentar propostas ata o vindeiro 15 de novembro, fomentará a creación de empresas de base tecnolóxica, e ofrecerá apoio a aquelas iniciativas que precisan mellorar e innovar nos seus procesos neste ámbito, especialmente nos sectores da saúde e tecnoloxías alimentarias.

Bioincubatech está liderada pola USC, a través da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento, cofinanciada pola Fundación INCYDE dentro do programa FEDER, e pola a Axencia Galega de Innovación (GAIN). Tamén colaboran a Cámara de Comercio de Santiago e Uninova. Trátase da primeira bioincubadora de Galicia e a única en España especializada en saúde e no sector agroalimentario. É, pois, un proxecto único na Península para conseguir atraer talento emprendedor e resultados de investigación de todo o mundo a Galicia.

Publicidade

Para facilitar o crecemento dos proxectos participantes, esta nova aceleradora ofrecerá unha infraestrutura centralizada, de altas capacidades en base a servizos de alto valor engadido, que, cun equipo humano capaz e con gran experiencia tanto no ámbito científico/tecnolóxico como no empresarial, presta un conxunto de servizos coordinados para a aceleración das empresas.

Bioincubatech asesorará ás iniciativas seleccionadas nas diferentes fases do seu desenvolvemento

Cada unha das iniciativas seleccionadas nas diferentes fases de desenvolvemento (pre-incubación, incubación ou aceleración) poderá acceder a un programa específico de traballo no que se terán en conta as necesidades e características concretas. Así, terán á súa disposición espazos de traballo, asesoramento en materia de transferencia de tecnoloxía, financiamento, modelo de negocio, internacionalización ou comunicación.

No acto, presidido polo reitor da USC, Antonio López, participaron a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey Vilar; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a directora de proxectos FEDER na Fundación INCYDE, Natalia Vázquez, e o vicepresidente segundo da Cámara de Comercio de Santiago, José Carballo García.

Patricia Argerey expuxo que esta incubadora constitúe un dos fitos da Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía, posta en marcha no ano 2016, e que finaliza en 2020, cuxos obxectivos e execución xa se teñen acadado prácticamente ao 100%. “Confío en que BioIncubaTech sexa capaz de atraer os mellores proxectos empresariais a Galicia e que estes teñan posibilidade de consolidarse e medrar en Galicia, facendo aínda mais forte o noso sector da biotecnoloxía e situándonos mellor a escala europea”, apuntou Argerey.

Ademais, Bioincubatech contribúe a reforzar o ecosistema de apoio ao emprendemento en Galicia, aumentando a oferta de infraestruturas e servizos de incubación e aceleración no sector da biotecnoloxía, e integrándose na plataforma StartInGalicia que engloba todos os servizos de apoio ao emprendemento da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Patricia Argerey tamén subliñou que a creación desta infraestrutura centralizada de altas capacidades, que ofrece servizos de alto valor engadido, dota de novas capacidades ao tecido empresarial biotecnolóxico, aumentando así a súa capacidade de competir internacionalmente.

Neste sentido, a nova incubadora únese ao traballo que xa se está realizando no sector con clústeres como Bioga, Clusaga e o da Saúde, tamén implicados neste proxecto. Tal e como subliñou Argerey, o ámbito da biotecnoloxía constitúe “un sector prioritario” para a Xunta de Galicia, que puxo en marcha en 2016 unha Estratexia Galega de Impulso a este eido, co obxectivo de impulsar a competitividade destes sectores e situar a Galicia como actor clave a nivel internacional na cadea de valor biotecnolóxica. Ademais desta iniciativa, a Xunta de Galicia apoia outros programas de emprendemento e aceleración neste eido como a Business Factory Food, centrada na industria alimentaria, Agrobiotech Innovación, centrada na biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa, ou a Incubadora de Descubrimento Temperán de Fármacos da Fundación Kaertor e Janssen.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

Aberto o prazo de inscrición para os Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2023

As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de abril de forma telemática

Os fundadores de BioNTech din que a vacina contra o cancro está “a só uns anos de distancia”

A esperanza é que un fármaco actualmente en desenvolvemento adestre ao corpo para recoñecer e atacar os cancros utilizando tecnoloxía de ARNm

ODS-Protein, avanzando cara á alimentación do futuro

A innovación no sector alimentario ten un amplo horizonte de crecemento...