Martes 19 Marzo 2024

Emsamble, a construción a medida xa está aquí

A innovación chega a todos os recunchos de actividade, incluso os máis tradicionais. A compañía coruñesa Emsamble comezou a funcionar hai algo máis dun ano, pero a súa oferta de construción a medida para vivendas particulares e empresas é un bo exemplo de que os cambios tamén chegaron a un dos grandes sectores económicos tradicionais. E o futuro vai ser moi distinto do que algúns podían imaxinar. A posibilidade de que o deseño soñado para unha casa ou oficina se faga realidade nun tempo récord xa está aquí grazas á arquitectura modular intelixente.

Emsamble constrúe vivendas en tempo récord.
Emsamble constrúe vivendas en tempo récord.

Aínda que o proxecto se converteu en realidade fai pouco, a idea de levalo a cabo xurdiu hai dez anos, segundo indica o director e socio fundador de Emsamble, Sergio Sampedro, ante a necesidade de axustarse aos requerimentos dos clientes que demandaban un novo sistema de construción de edificios máis eficiente.

Publicidade

“Tomamos como exemplo á industria do automóbil e comezamos a deseñar un sistema de edificación máis sustentable e que permite reducir os prazos de execución, ademais de resultar moito máis flexible para o cliente”, explica Sampedro, quen destaca tamén que este novo sistema de construción industrializada ten tamén a vantaxe de facer que os edificios poidan reformularse os seus usos e mesmo ser recolocados noutro lugar.

O cliente participa desde o inicio no deseño do edificio ao realizar, xa que o punto de partida son as súas ideas. En Emsamble contan coas ferramentas apropiadas para realizar un deseño pormenorizado en 3-D onde poden verse ata os enchufes da casa ou inmoble que se vai a realizar.

O aforro de tempo e de custos é considerable co sistema deseñado por Emsamble

Cando o deseño está terminado, un sofisticado software permite enviar todos os datos de fabricación ao taller das Pontes onde utilizando a robótica e técnicas de realidade virtual fabrícanse todos os elementos que forman o edificio. Unha vez fabricados trasládanse ao lugar no que vai levantarse a estrutura e un reducido equipo pode levantar a construción nun prazo que oscila entre dous e catro xornadas laborais. O aforro de tempo e de custos é considerable. O prezo final pode ser un 25% inferior ao da construción convencional.

Entre as vantaxes que supón este sistema de construción, Sampedro sinala que o deseño pode adaptarse fielmente ao que pide o cliente, faise con máis rapidez, elimínase a incerteza do prazo de entrega e os acabados e o sistema de illamento dos edificios teñen unha calidade superior ao da construción tradicional. O custo por metro cadrado para un edificio construído con este sistema arrinca nos 1.000 euros.

Pese ao pouco tempo que levan traballando cara ao público, Emsamble xa conta con clientes, tanto particulares como empresas, en España e tamén no estranxeiro. Agora o reto é conseguir máis financiamento para desenvolver máis o apartado comercial da empresa.

“A innovación tecnolóxica está no ADN da nosa empresa”, din os creadores

“A innovación tecnolóxica está no ADN da nosa empresa e fainos máis competitivos”, indica Sampedro, quen apunta ademais que é necesario actualizarse permanentemente xa que no sector hai moita competencia. Por iso en Emsamble póñense en marcha constantemente novas ideas. Por exemplo, agora están a traballar nun sistema de cubertas e fachadas plegables que permitirá traballar a maior altura.

Emsamble entrou na aceleradora do programa ViaGalicia na súa última edición e isto estalle permitindo desenvolver o seu plan de negocio. Sampedro confía en que o futuro da empresa pode ser exitoso xa que hai moita demanda para este tipo de construción e “os particulares búscannos polas vantaxes que ofrecemos en prazo e prezo fronte á construción convencional e as empresas porque temos unha gran capacidade de adaptación para axustarnos ás súas necesidades”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aberto o prazo de inscrición para os Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2023

As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de abril de forma telemática

Os investigadores das fundacións sanitarias pasarán ao sector público en 2023

A medida, que se incorporará á Lei de Acompañamento aos Orzamentos, dará estabilidade a persoal de IDIS, INIBIC e Fundación Biomédica Galicia Sur

Chaleco salvavidas con comunicación interactiva e GPS integrado

Unha empresa de Vigo ultima o desenvolvemento de ‘Vestar’, o primeiro produto integral pensado para mellorar a seguridade e o rescate nos deportes acuáticos

Máis do 80% da cidadanía pide aos gobernos un maior apoio á ciencia

A 10ª Enquisa de Percepción Social da Ciencia, elaborada pola Fecyt, amosa tamén que máis do 60% das persoas cre que a profesión científica está mal remunerada