Sábado 20 Abril 2024

Chaleco salvavidas con comunicación interactiva e GPS integrado

Unha empresa de Vigo ultima o desenvolvemento de ‘Vestar’, o primeiro produto integral pensado para mellorar a seguridade e o rescate nos deportes acuáticos

No polígono industrial de Sárdoma, en Vigo, unha pequena empresa de electrónica ultima o deseño de Vestar:  un chaleco salvavidas cos dispositivos de comunicación e xeolocalización compactos  e integrados que foi ideado  e adaptado as necesidades de  regatistas, windsurfistas ou calquera outro deporte acuático.  Cumpre unha tripla función: implementar a seguridade do que o leva, a do vehículo, e permitir que fique no radar para comunicarse de modo interactivo se precisa de axuda e rescate.  

É un dos proxectos cun clarísimo peso do I+D nos que traballa Star Electrónica. Desde 2011, esta compañía asentada no cinto industrial de Vigo foise abrindo paso en sectores tan dispares como o naval, o aeronáutico, a automoción, o militar ou a sinalización, sumando a innovación electrónica como valor engadido e diferencial. 

Publicidade

A súa filosofía é sinxela pero complexa a un tempo; o cliente trae a idea, e eles a executan cunha solución integral avanzada que pivota sobre o I+D e que conta co respaldo dos programas Deseña Peme e Principia da Gain da Xunta de Galicia. 

A compañía arrincou hai 11 anos dun núcleo de técnicos xa moi especializados en solucións electrónicas seguindo as pautas dun plan estratéxico moi definido compasado dun plan de acción en Investigación e Desenvolvemento. 

“Entre os seus clientes hai empresas da industria naval, aeroespacial, automoción, de telecomunicacións… e do sector armamentístico-militar”

O perfil maioritario do seu persoal son enxeñeiras e enxeñeiros en telecomunicacións ou ciclos superiores de electrónica. “Profesionais en continua formación”. Así lograron, explican fontes da empresa, “consolidar un mercado estable nun curto período de tempo”. 

“Dispoñemos dos medios tecnolóxicos necesarios para o desenvolvemento do produto e un alto nivel de capacidade produtiva, polo que podemos proporcionar un servizo integral, avalado pola nosa experiencia e resolución”, sinala Berta Trabazo, á fronte do departamento de contabilidade de Star Electrónica. 

Co desenvolvemento da enxeñería electrónica do produto vai tamén o seu deseño, montaxe, ensamblaxe, produción en serie, -apuntan- ademais da formación e o mantemento. 

Especializados en sistemas IOT (internet das cousas), Industria 4.0, Apps e Industrialización do produto, entre os seus clientes, -señela- hai empresas da industria naval, a aeroespacial, a automoción, telecomunicacións, de sinalización e xeolocalización pero tamén ofrecen solucións integrais e avanzadas a clientes doutros sectores industriais e do sector armamentístico-militar. 

Pero os seus horizontes seguen expandíndose. “Na actualidade, atopámonos inmersos en varios proxectos de I+D+i, que abarcan campos tan variados como a localización, o control industrial ou control de equipos médicos”, explican. 

Deportes de auga

Ao tratarse dunha empresa tecnolóxica, o peso do I+D é evidente. Por exemplo, o proxecto Vestar suporía a comercialización dun novo produto que combina seguridade e xeolocalización nun chaleco de seguridade para deportes de auga con dispositivos dixitais conectivos integrados e compactos. 

Este chaleco irá acompañado dunha serie de ferramentas de comunicación e aplicacións destinadas a garantir a seguridade tanto do usuario como do vehículo utilizado en cada caso. 

Trátase da primeira iniciativa no mercado que ten un enfoque integral e que busca dar solución a problemas tanto dun uso inadecuado do vehículo, como á seguridade do usuario  (caídas, accidentes…) cunha comunicación interactiva totalmente eficaz.

Esta aposta decidida pola innovación na enxeñería electrónica, co respaldo da Xunta,  través dá Axencia Galega de Innovación, valeulles diversos recoñecementos recentes como os Ardán da Zona Franca de Vigo a Empresa Ben Xestionada 2019 e 2020, e Empresa Gacela 2020, en plena pandemia, que acredita o crecemento rápido e sostido da empresa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

Aberto o prazo de inscrición para os Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2023

As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de abril de forma telemática

Os investigadores das fundacións sanitarias pasarán ao sector público en 2023

A medida, que se incorporará á Lei de Acompañamento aos Orzamentos, dará estabilidade a persoal de IDIS, INIBIC e Fundación Biomédica Galicia Sur

ODS-Protein, avanzando cara á alimentación do futuro

A innovación no sector alimentario ten un amplo horizonte de crecemento...