A Tecnópole impulsa a iniciativa Ciencia e Tecnoloxía en Feminino

Máis dun cento de escolares de Ourense participarán a mediados deste mes de outubro en dúas xornadas organizadas por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole co obxectivo de impulsar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as rapazas. Tecnópole únese así a outros 13 parques de toda España no marco da iniciativa “Ciencia e Tecnoloxía en Feminino”, promovida pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE).

As xornadas foronlles presentadas esta tarde aos alumnos e alumnas das Aulas Tecnópole coincidindo co primeiro día de curso do programa de formación en habilidades científicas e innovadoras que o Parque Tecnolóxico organiza co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Publicidade

O proxecto busca reducir a fenda de xénero que existe nas carreiras STEM

Os días 18 e 19 de outubro serán senllos grupos do IES O Couto e do IES As Lagoas os que se trasladen ao Parque Tecnolóxico de Galicia para participar nesta iniciativa deseñada para aumentar o número de alumnas que se matriculan na especialidade de ciencias ou tecnoloxía na educación secundaria, contribuíndo así a romper a fenda de xénero nos estudos STEM (siglas en inglés siglas de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas).

O programa de actividades deseñado por Tecnópole está protagonizado pola oferta de referentes ás rapazas. Por unha parte, visitarán unha exposición que fai un percorrido por mulleres científicas e tecnólogas de todos os tempos e, por outra, terán ocasión de compartir en primeira persoa a experiencia de varias galegas con perfís destacados nestas áreas. Ademais, participarán en dous talleres nos que se lles proporán retos que deberán resolver en grupo mediante solucións innovadoras. As ganadoras competirán con equipos de toda España por un premio final. Todas as participantes nas xornadas recibirán a guía “Que quero ser de maior?”, na que se explican as saídas profesionais dos estudos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía.

A intención da APTE e dos parques participantes nesta iniciativa é darlle máis visibilidade e aumentar a capacidade de atracción dos estudos da rama científico-tecnolóxica entre o público feminino máis novo. O obxectivo final é contribuír a un Sistema de Innovación máis igualitario en España no que se poida desenvolver todo o talento á marxe do xénero. En total, as actividades chegarán a máis de 2000 escolares de todo o país entre outubro e novembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dúas esculturas do galego Francisco Asorey González cobran vida en 3D

O CIAG dixitaliza por fotogrametría as obras para crear modelos de alta resolución que permiten explorar os seus detalles e contribuír á preservación do patrimonio

Un equipo galego crea un dispositivo móbil para previr lesións lumbares entre o persoal de emerxencias

A tecnoloxía AppGym, desenvolvida dende a UDC, monitoriza en tempo real a flexión da columna e alerta de posturas potencialmente lesivas

Os socalcos da Ribeira Sacra, un escudo fronte ás chuvias extremas derivadas do cambio climático

O catedrático Augusto Pérez Alberti analiza como as estruturas de pedra reducen a erosión, favorecen a infiltración da agua e contribúen a conservar a paisaxe

Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior incidencia de amputacións

A investigadora da UVigo Elena Mosquera sinala o envellecemento da poboación e a diabetes como posibles causas do aumento de casos