Venres 29 Marzo 2024

Santiago homenaxea ó ‘Sabio Caldas’, científico colombiano de orixe galega

O recoñecido científico e heroe da independencia de Colombia Francisco José de Caldas (1768-1816), do que este ano se cumpre o bicentenario da súa morte, ten as súas raíces paternas en Galicia, en concreto no Concello de Caldas de Reis. Por esa razón, o municipio pontevedrés quere recuperar a memoria do fillo de José de Caldas, quen chegou a ser alcalde da cidade colombiana de Popayán, unha das máis importantes do virreinato do Novo Reino de Granada.

A homenaxe a Francisco José de Caldas á que se suma a Universidade de Santiago terá lugar este xoves 20 ás 18.00 horas no Paraninfo (Facultade de Xeografía e Historia), nun acto que reunirá académicos colombianos e profesores universitarios da Universidade Distrital Francisco José de Caldas (Colombia), da Universidade del Valle e do Departamento de Historia da USC, que compoñerán unha imaxe da figura e obra do científico e prócer da independencia de Colombia.

Publicidade

caldas_francisco_jose_2

O ‘Sabio Caldas’, como é coñecido popularmente en Colombia, é todo un símbolo de progreso, ciencia e liberdade nacional nese país. Participou nos primeiros pasos que desembocaron en 1810 na independencia da España napoleónica, sendo fusilado en 1816 polas tropas realistas españolas que reconquistaron por poucos anos aqueles territorios. A pesar das súas solicitudes de clemencia para poder acabar os seus traballos científicos, sinala a lenda que o militar que ordenou a súa execución, o xeneral Pablo Morillo, dixo que “España non necesita de sabios”.

Francisco José de Caldas participara na Real Expedición Botánica ao Novo Reino de Granada identificando miles de plantas nos actuais territorios de Colombia e Ecuador, e foi director do Real Observatorio Astronómico de Santafé de Bogotá, o primeiro da súa tipoloxía que se construíu en América. Tamén destacou polos seus traballos de xeografía, cartografía, matemáticas, física, enxeñaría ou agronomía. Ademais, foi o fundador do Semanario de la Nueva Granada, importante instrumento de reflexión política e  divulgación científica da época.

En homenaxe ao Sabio Caldas, toda unha rexión colombiana leva o seu nome (Caldas) así como dúas universidades públicas e numerosas prazas, rúas e equipamentos culturais, educativos e científicos de todo o país.

Na organización destes actos participan a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Embaixada de Colombia en España e o Concello de Caldas de Reis, ademais doutras entidades colombianas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Laxe dos Bolos, un petróglifo referente da arte rupestre en Galicia

Un libro recolle o traballo arqueolóxico coordinado por Elena Cabrejas Domínguez, arqueóloga do Instituto de Ciencias do Patrimonio
00:00:38

Dinamitan o Acibal para construír eólicos, un monte repleto de petróglifos e pedras históricas

A plataforma Amil Sen Eólicos denuncia que aquí residía a "Pisada do Mouro", unha rocha con gravados rupestres

O xardín botánico, a carballeira e os ‘Choróns’ de Caldas de Reis, novo destino Observer

O conxunto de 3,5 hectáreas na ribeira do Umia recibe a certificación que recoñece o valor do seu patrimonio natural e a súa riqueza turística

Aborto ata a semana 24? As chaves da interrupción voluntaria do embarazo

A polémica despenalización aprobada por Colombia e unha nova reforma da lei española colocan o aborto no punto de mira