Xoves 25 Abril 2024

Candorcas, tiburóns e pescadores

Orcas depredando na baía de Vancouver.
Orcas depredando na baía de Vancouver.

As candorcas (Orcinus orca) consomen unha gran variedade de presas entre as que se atopan mamíferos mariños, peces, aves mariñas, tartarugas mariñas e cefalópodos. Os elasmobranquios (quenllas e raias) aparecen con pouca frecuencia nos estómagos destes cetáceos. Con todo, existen rexistros puntuais de candorcas depredando algunhas especies de grandes quenllas, incluíndo quenllas brancas, Carcharodon carcharias (Pyleet al. 1999); marraxos azuis, Isurus oxyrinchus (Visser et al. 2000); quenllas raposo, Alopias vulpinus, e martelos, Sphyrna zygaena (Visser 2005); e a estraña quenlla vaca de fuciño curto, Notorynchus cepedianus (Reyes and García-Borboroglu 2004).

‘Non é habitual, pero hai rexistros de candorcas atacando a grandes tiburóns’

Estes cetáceos, ademais, adquiriron nos últimos anos comportamentos aprendidos que lles permiten aproveitar novas formas de obter o alimento, explotando oportunidades brindadas polo home. Este é o caso da pesca de palangre. Na literatura científica describiuse esta curiosa interacción entre orcas e pesca en varias ocasións. Esta relación entre cetáceos e pescadores xérase habitualmente con buques palangreiros de superficie (ver imaxe máis abaixo). Temos exemplos notables desta interacción ao longo de toda a xeografía mundial, como os atopados en augas do sueste de Brasil (Dalla Rosa and Secchi 2007), en Nova Zelandia (Visser 2000), e no Mar de Bering (Yano and Dahlheim 1995). Non só o palangre de superficie vese afectado, tamén se describiron problemas coas orcas na pesqueira de palangre de fondo do bacallau de profundidade, Dissostichus eleginoides, en augas do Atlántico Sur, Xeorxia do Sur (Purves et al. 2004). Neste último caso había outro cetáceo involucrado como o cachalote, Physeter macrocephalus. Estas dúas especies, candorcas e cachalotes, tamén están involucradas noutras importantes pesqueiras de palangre como as que se desenvolven nas illas Malvinas (Nolan et al. 2000).

Artes de palangre.
Artes de palangre.

Recentemente logramos filmar, en augas do Atlántico Norte, a dúas candorcas atacando claramente a unha quenlla, Prionace glauca, atrapada no palangre de superficie:
Como se pode apreciar no vídeo, mentres desde o barco viran a liña nai, as candorcas séguena e atacan ao escualo. Céntranse en arrincarlle o fígado e parte das aletas epctorais. O fígado é a parte máis nutritiva e as candorcas percorren o palangre en procura de tintoreiras ás que atacar. Observando con detalle, nas imaxes pódese ver claramente como os cetáceos perseguen á quenlla azul, acosándoo e obrigándolle a sacar a aleta caudal fora da auga durante o ataque.

Era de esperar que estas interaccións, xeralmente en competencia por un mesmo recurso, non estivesen exentas de problemática. De feito algúns autores fan referencia ao uso de armas de fogo e detonacións en contra dos cetáceos. Mesmo se fixeron estimacións económicas das perdidas que poden chegar a causar na pesquería.
Existen máis exemplos de interacción entre grandes animais mariños e pesquerías. Mesmo existen casos nos que algunhas especies son capaces de cambiar os seus hábitos migratorios grazas á facilidade con que conseguen o seu alimento directamente da actividade pesqueira. Un exemplo moi espectacular é o caso dos tiburóns balea, Rhincodon typus, e pescadores artesanais indonesios na bahía de Cenderawasih (Papúa, Indonesia), onde unha gran concentración destas quenllas acoden a comer das redes dos pescadores locais.
E falando de interaccións, aquí mostrámosvos uns golfiños manchados, Stenella frontallis, gozando da proa dun buque mentres navega:

Ecoloxía Azul é un blog creado polos biólogos Gonzalo Mucientes Sandoval, David Villegas Ríos e Alexandre Alonso Fernández.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A rede ambiental máis grande do mundo declara as rías galegas como área importante de mamíferos mariños

A IUCN destaca o valor da poboación dos cetáceos que viven nas costas de Galicia, especialmente dos golfiños

Este vídeo amosa todos os plásticos extraídos dun cetáceo varado na Coruña

Gran parte dos varamentos destas especies débese á presenza de residuos humanos que obstrúen o seu sistema dixestivo
00:01:01

A dramática escena dunha nai delfín que nada xunto a súa cría morta na ría de Vigo

O pequeno arroaz apareceu posteriormente varado na enseada de Cangas e foi retirado para a realización dunha necropsia

Aparece un golfiño morto na ría de Noia

O arroaz era unha femia adulta, en período de lactación, e que presentaba signos dunha enfermidade aínda por determinar