O día con máis voos en avión da historia

Momento no que se chegaron a rexistrar 19.285 voos no aire ao mesmo tempo. Fonte: Flightradar24.
Momento no que se chegaron a rexistrar 19.285 voos no aire ao mesmo tempo. Fonte: Flightradar24.

Non están todos os que son (este portal non rexistra os voos militares, por exemplo), pero si son todos os que están. Na pasada fin de semana, a web Flightradar24 publicou unha imaxe que está voando a toda velocidade polas redes sociais. Segundo os datos compilados por este portal, o pasado venres 29 de xuño foi o día con “maior ocupación dos ceos” desde que botou a andar a web. E, moi probablemente, o día con maior ocupación de avións na historia do planeta, debido ao rápido aumento do tráfico aéreo nos últimos anos.

O portal rexistrou, exactamente, 202.157 voos. Foi a primeira vez que se superaron os 200.000 nun só día. E no momento álxido, chegou a haber 19.000 avións no aire ao mesmo tempo. Este GIF compartido por Flightradar24 é o mellor xeito de albiscar a intensidade do tráfico áereo.

Publicidade

É unha imaxe impactante, que dá conta do impoñente grao de desenvolvemento do transporte no planeta, pero tamén unha noticia preocupante para o medio ambiente e a sustentabilidade. Nun voo de ida e volta entre Santiago e Frankfurt, por exemplo, o avión emite 461 quilos de CO2 por cada pasaxeiro, unha evidencia da enorme cantidade de gases de efecto invernadoiro que a aviación comercial emite á atmosfera.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo do CiQUS que “recicla” dióxido de carbono para lograr unha química máis sostible

O grupo liderado por Manuel Nappi publica un estudo no que se revela un novo mecanismo para activar o CO2 mediante luz

A metade dos gases contaminantes da industria galega veñen da área da Coruña

A Coruña e Arteixo teñen catro das seis factorías que máis emisións sumaron en 2024, segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica
00:04:08

De CO2 a metanol: o equipo galego que busca alternativas aos combustibles fósiles

O grupo do CiNBIO liderado por Miguel Correa desenvolveu un catalizador que utiliza luz solar para transformar dióxido de carbono nun composto pouco contaminante

Un estudo con selo galego revela que ferro no solo axuda a fixar CO2 nos mangleirais

O investigador da USC Xosé Lois Otero é coautor da investigación que ve os ecosistemas tropicais e subtropicais como sumidoiros de dióxido de carbono de grande eficiencia