Vigo protagoniza o simulador de voo de Microsoft

Un dos avións do vídeo promocional do xogo sobrevoa a cidade durante varios segundos

Nova York, o Uluru, Nápoles, cumios nevados, desertos, praias… e Vigo. A cidade galega é un dos escenarios escollidos por Microsoft no trailer difundido esta semana para un dos seus produtos máis alientables, o Flight Simulator. Un videoxogo con máis de 30 anos de historia usado en todo o mundo tanto como por xogadores aficionados como por apaixonados da aviación que queren sentir as sensacións de manexar diversos tipos de aparellos.

O xogo de Microsoft, que se lanzará nos vindeiros meses, amosa como un avión emerxe das nubes sobre a cidade, na que se albisca desde a esquerda da imaxe a praia de Samil, o recheo do porto, Balaídos ou O Castro.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz

De Vigo a Xapón para estudar novas estratexias naturais contra as mareas vermellas

A investigadora Rocío Blanca Sújar explora o potencial das macroalgas no control tóxico das proliferacións de algas nocivas