VÍDEO: Así traballa Lourizán na mellora xenética dos piñeiros

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán elabora unha serie de audiovisuais divulgativos para explicar o seu traballo científico

O piñeiro é unha árbore que está no ADN de Galicia. Algunhas das súas especies, como o Pinus sylvestris xa estaban nos montes galegos hai 10.000 anos, nas últimas glaciacións. Pero outras variedades foron importadas ao longo dos séculos. E non hai que esquecer que o propio himno galego corresponde a un poema que leva por título ‘Os pinos‘.

Pero a importancia do piñeiro en Galicia tamén é hoxe a do sector económico de aproveitamento forestal. E para a súa mellora traballa o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, onde os científicos estudan aspectos como as melloras xenéticas para aumentar a calidade e a produtividade da madeira.

Publicidade

O CIF de Lourizán forma parte do grupo operativo supraautonómico GenMaC (Recursos xenéticos para o abastecemento sostible de madeira de calidade de coníferas). Este grupo foi creado para promover o uso dos mellores materiais forestais de reprodución para incrementar a produtividade e calidade da madeira para ser competitivos en toda a cadea forestal.

Dentro deste grupo operativo, CIF Lourizán deseñou este vídeo no que se explica que é a mellora xenética e cal é o traballo dos melloradores xenéticos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura