O vídeo coas mellores caídas dos astronautas na Lúa

Este vídeo da NASA amosa imaxes de astronautas rebotando na Lúa. Porque conseguir que o teu corpo coopere en baixa gravidade non é tan doado. E a axencia espacial ten estudado as causas de todas e cada unha das caídas que os seus homes viviron sobre o satélite natural da Terra.

Na misión do Apollo 15 , estudaron as taxas metabólicas dos astronautas a medida que atravesaban varios tipos de terreo na lúa: costa arriba, costa abaixo e terreo chairo. Na misión Apollo 16, avaliaron as diferenzas entre a destreza e a locomoción na Terra e na Lúa, para comprender mellor tanto a gravidade lunar como a forma en que afecta o movemento na superficie. O resultado foron moitas caídas como as que podemos ver neste audiovisual.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego permitirá que os bancos actualicen a súa criptografía sen cambiar as formas de pago

Qryption é unha iniciativa do centro tecnolóxico Gradiant pola que poderán centralizarse os sistemas criptográficos financeiros nun só punto de xestión, co apoio do programa Ignicia da Xunta de Galicia

Onde están as mulleres

Un ano máis, os Nobel de Ciencia só se outorgan a homes

A conduta suicida na mocidade galega: case un 20% presenta un nivel entre moderado e alto de risco

Unha investigación da UVigo baseada en 900 cuestionarios a participantes de entre 15 e 29 anos destaca o peso do contexto familiar, social e educativo

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua