O que non conta o anuncio da Lotería do Nadal

Un pelo nunha cabeza normal, un latido do corazón en todo un día, unha pinga de auga nunha garrafa de cinco litros, unha palabra nunha novela como O Hobbit… Así de improbable é que te toque a Lotería do Nadal. E así o conta un profesor de matemáticas da Universidade de Alcalá de Henares, David Orde, que fixo viral un vídeo no que narra as escasas probabilidades de que unha persoa se faga cos 640 millóns de euros do Gordo.

Sobre o traballo, o seu creador considera que pode resultar “moi útil para todos aqueles que nestas semanas previas ao sorteo dan renda solta ao seu lado emocional e se deixan levar pola musiquiña do anuncio da lotería do Nadal“.

Publicidade

O vídeo obtivo unha mención de honra na categoría de Traballos de Divulgación Científica no certame Ciencia en Acción.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lipoproteína (a): que sabemos sobre a nova esperanza cardiovascular e o seu anunciado fracaso

Este verán completouse o primeiro ensaio clínico cun dos fármacos en investigación e, en contra do esperado, la farmacéutica Novartis comunicou que non tivera éxito

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional