Retiran un enorme niño de velutina de máis dun metro con 171 raíñas

A vespa velutina segue a ser un quebracabezas en case todo o territorio de Galicia. Pero hai veces nas que asombra o tamaño que alcanzan os niños destes insectos. Así sucedeu no lugar de Queirís, no concello de Coirós, cando operarios retiraron un enorme nespreiro que medía 1,16 metros de alto e que tiña no seu interior 811 obreiras e 171 novas raíñas.

Lolo Andrade cun niño de velutina.
Lolo Andrade cun niño de velutina.

Lolo Andrade, especialista na avispa velutina, manifestou á Radio Galega que contou tamén no niño máis de mil larvas, e salientou que seguen a retirar niños por mor do tempo morno: “Coa baixada de temperaturas irán xa a hibernar”. Andrade traballa en Protección Civil de Cambre e desde hai anos colabora na retirada de niños noutros concellos como Coirós, A Laracha e Oza-Cesuras.

Publicidade

“É importante concienciar aos nenos de que non tiren pedras aos niños. Cando imos retiralos, en moitos nos atopamos varias cravadas dentro. Os pequenos fano porque lles fai graza, pero é perigoso porque dentro hai moitas vespas e se saen a atacalos pode producirse unha desgraza”, explicou.

Ademais, lembrou que en caso de atopar un niño de vespa velutina a mellor decisión é chamar ao 112 de Emerxencias.

Publicidade

E aquí tes o noso audiovisual sobre a vespa velutina, da nosa serie ‘A Ciencia dos Porqués’

https://www.gciencia.com/porques/velutina-galicia/

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lipoproteína (a): que sabemos sobre a nova esperanza cardiovascular e o seu anunciado fracaso

Este verán completouse o primeiro ensaio clínico cun dos fármacos en investigación e, en contra do esperado, la farmacéutica Novartis comunicou que non tivera éxito

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional