‘Mareas Vermellas’, un documental de premio

O documental ‘Mareas Vermellas’, dirixido por  Manuel García Blanco (IIM-CSIC) e por Jorge Hernández Urcera (IEO), recibiu unha mención honorífica no Premio Prismas 2017 na categoría de audiovisuais sobre ciencia.

O audiovisual, producido por Bioimaxe, amosa a relación existente entre as condicións oceanográficas e a dinámica fitoplanctónica responsable da presenza de biotoxinas nas rías, así como o papel da comunidade científica na investigación de sistemas fiables de detección e de métodos de análises exhaustivas que consigan a prevención ou detección temperá destes episodios tóxicos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da curiosidade ao estrés: como afecta a eclipse aos animais?

A etóloga da USC Ángela Fernández explica que cada individuo poderá reaccionar de forma diferente, pero existen manifestacións habituais como o aumento na vocalización das aves

Galicia rompe o tópico: en 2025 rexistráronse máis horas de sol do habitual

O documento confirma o aceleramento do quentamento global ao recoller unha temperatura media de 1,1 graos por enriba do promedio anual normal

Mestrelab lanza SCI-DATA, unha ferramenta que estandariza grandes volumes de datos científicos

O sistema pon o foco nas industrias química e farmacéutica e emprega marcos de referencia para garantir a interoperabilidade da información

Un potente anticiclón chega a Galicia: estamos ante a primeira onda de calor do ano?

As temperaturas poderán ser as máis altas rexistradas para esta época do ano entre finais da semana e comezos da próxima