Unha enorme Lúa tras o Teide

Esta xente non está en perigo. O que aparece pola esquerda é a Lúa, ao lonxe. O satélite aparece moi grande porque o vídeo foi realizado a través dunha lente telescópica. Realmente, estase a mover máis a Terra, cuxo xiro provoca que a Lúa desapareza lentamente detrás do Teide, o volcán que é o cumio máis elevado das Illas Canarias e do territorio español. A xente que aparece na imaxe está a 16 quilómetros do obxectivo de Daniel López, o astrofotógrafo que gravou estas imaxes. Estas persoas están mirando cara o lugar onde está a cámara porque contemplan a posta do Sol, situado ás costas do fotógrafo.

Non é unha coincidencia que a Lúa chea se poña xusto no momento do solpor, xa que o Sol sempre está no lado oposto do ceo en relación ao satélite cando está na fase de Lúa chea. O vídeo realizouse preto do Teide durante a coñecida como Lúa de Leite. E non é un timelapse: grazas ao teleobxectivo, foi posible captar a tempo real este fermoso fenómeno da posta de Lúa.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:00:29

Así se forman os “sombreiros do Teide”, as curiosas nubes que coroan o volcán canario

O meteorólogo Juan Jesús González Alemán explica que este fenómeno fórmase pola propia montaña e modúlase polo vento que se produce nesa capa atmosférica

Así soa a erupción dun volcán dende o espazo

A ESA publica unha sonificación da erupción máis grande do século XXI, a do volcán Hunga Tonga-Hunga Ha'apai hai agora un ano

Que nos ensinou a erupción de La Palma un ano despois

Faise un ano dende que o volcán de Cumbre Vieja comezou a expulsar lava cara ao exterior e non rematou ata varios meses despois

Un proxecto con participación galega estuda os efectos na saúde da erupción da Palma

O profesor da USC Alberto Ruano liderado o estudo, que se centra no impacto que o suceso está a ter en 2.000 persoas e durante os próximos cinco anos