Nadando entre golfiños en augas de Corrubedo

Un vídeo gravado polo Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares (BDRI, polas súas siglas en inglés) en xullo deste ano mergúllanos xunto a unha manda de golfiños en augas de Galicia, concretamente fronte a Corrubedo, en Ribeira. O resultado é un vídeo espectacular destes mamíferos mariños en plena acción na costa galega.

“Este vídeo tomado polo noso equipo investigador amosa un grupo dos golfiños comúns que nadan a gran velocidade en Galicia”, explica o BDRI, que chama a respectar a estes animais: “Se protexemos aos nosos golfiños, por extensión tamén estamos escollendo preservar as augas onde viven e a maioría das especies que conviven con eles. Aquilo que é bo para eles, é bo para nós”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

Onde están as mulleres? Tan só 26 investigadoras recibiron un Nobel de Ciencia

Menos dun 4% do total dos premios de Física, Química e Fisioloxía e Medicina foron a mans de científicas na historia do prestixioso galardón

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica