Volverán as auroras boreais a Galicia?

Galicia viviu varias auroras polares nos últimos séculos. Hai documentos que constatan a aparición deste fenómeno na nosa historia. No século anterior, aconteceron en máis dunha ocasión. En plena Guerra Civil, no ano 1938, os veciños de Lalín observaron unha. Logo, no ano 1957os científicos do Observatorio Astronómico de Galicia deron parte dunha aurora polar. Mais a última aurora data do ano 1989; así o proban as follas dos xornais.

As estatísticas indican que os galegos vivirán unha aurora por xeración. Ao paso que vamos, pode ser que se aveciñe unha pronto. De ocorrer, sería a aurora máis retratada da historia por mor das novas tecnoloxías. Porén, sería un suceso estraño tendo en conta a situación xeográfica de Galicia, pero non imposible.

Publicidade

Tamén podes ler:

Así se viviron as extraordinarias auroras boreais sobre Galicia

 

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

María Mayán capta 100.000 euros para impulsar unha nova inmunoterapia contra o cancro de mama

A investigadora do Cinbio recibe unha Bolsa FERO para desenvolver un proxecto sobre as terapias celulares CAR-NK, moi prometedoras en medicina personalizada

A auga da túa billa está contaminada por nitratos? Compróbao neste mapa por concellos

O medio Datadista crea unha ferramenta interactiva sobre o impacto do composto químico, que xa afecta directa ou indirectamente máis dun millón e medio de persoas en España

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos

Un equipo de Santiago revela patróns xenéticos compartidos entre oito trastornos mentais

Un novo estudo do IDIS aplica por primeira vez unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría co obxectivo de mellorar o diagnóstico e impulsar a medicina personalizada