Explota un asteroide sobre Rusia… outra vez sen aviso previo

Un meteorito brillante estalou nunha bóla de lume sobre a paisaxe o pasado xoves, sendo visible dende varias cidades de Rusia. E unha vez máis, ninguén o viu vir ata que explotou.

Os rexistros da bóla de lume da NASA amosan que o meteoro explotou con 2,8 quilotóns de forza o 21 de xuño ás 01:16 UTC en varias cidades rusas, incluída Lipetsk, ao sueste de Moscova.

Publicidade

O tamaño da explosión está correlacionada cun asteroide pequeno duns 4 metros de diámetro, que é cinco veces menor co asteroide de 20 metros que explotou en febreiro de 2013 sobre Chelyabinsk, Rusia .

“O evento foi reportado por testemuñas das cidades de Kursk, Lipetsk, Voronzeh e Orel. Moitos deles informaron un forte estampido sónico”, segundo informou a Organización Internacional de Meteoros.

Publicidade

Aínda que non sabemos se algún dos fragmentos alcanzou a superficie da Terra, si sabemos que a intensa explosión causada pola fricción no aire probablemente desintegró a maior parte da rocha antes de que tivese a oportunidade de aterrar.

Pero, como adoita acontecer, o asteroide non se detectou ata que golpeou a nosa atmosfera, o que amosa que temos un longo camiño por percorrer para detectar facilmente intrusos desde o espazo. Afortunadamente, a NASA está a tratar de mellorar para detectar asteroides potencialmente problemáticos, así que esperemos que sexamos advertidos especialmente se chegase un de gran tamaño.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento