Así foi a valancha que arrasou o campamento base no Everest tras o terremoto no Nepal

Polo menos 22 persoas morreron e 217 permanecen desaparecidas na zona do Everest como consecuencia da avalancha que afectou este sábado o campo base tras o do terremoto de 7,9 de magnitude que sacudiu o Nepal. O dramático momento foi recollido pola cámara do alemán Jost Kobusch, experto alpinista que formou parte das Forzas Especiais do Exército de Montaña xermano e que sobreviviu a esta xigantesca avalancha. Algúns dos supervivintes describiron os momentos previos como “unha explosión nuclear”. Entre os mortos atópase o directivo de Google Dan Fredinburg, quen estaba facendo sendeirismo cando se produciu a avalancha.

Na zona tamén se atopaban varios montañeiros españois da Expedición BBVA que viviron en primeira persoa a traxedia no campo base do Annapurna e que sobreviviron á avalancha.

Publicidade

Dous días despois do sismo que causou avalanchas no Everest, os equipos de rescate continúan evacuando en helicóptero aos montañeiros atrapados na montaña máis alta do mundo, segundo informan os propios montañeiros que se atopan aínda na zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Campaneiro, coroceiro e muiñeira: unha exposición retrata profesións galegas tradicionais en desaparición

A mostra foi elaborada por máis de 30 estudantes e poderá visitarse no Museo Etnolóxico de Ribadavia ata abril de 2027

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes