A versión comercial da moto voadora de ‘Star Wars’ chegará en 2017

aerofex
A empresa californiana Aerofex vén de anunciar a comercialización dunha moto voadora que nos recorda as speeder bikes da saga cinematográfica Star Wars. Aerofex abriu xa o prazo de reserva para facerse coa primeira versión comercial da súa moto voadora, a Aero-X Hoverbike, que ten previsto poñer no mercado no ano 2017. O prezo, 85.000 dólares, dos cales hai que adiantar 5.000 como depósito. O Aero-X é un vehículo a gasolina de 356 quilos para unha ou dúas persoas, cunha capacidade máxima de carga de 140 quilos. Pode elevarse algo máis de 3,5 metros de altura e acadar unha velocidade de ata 72 km/h, cunha autonomía de ata unha hora e cuarto.
aerofex-prototipo
Último prototipo do Aero-X, cuxos autores queren comercializar para ocio pero tamén para o seu uso en operacións de busca e rescate, para patrullas fronteirizas, como vehículo de apoio en desastres ou para a gandaría e a agricultura, entre outros usos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo deseñará sensores fotónicos para identificar células tumorais

Membros de atlanTTic participan no proxecto europeo Retina para a mellora de procesos nos ámbitos da saúde, da automoción e da agricultura

Deseñando o vehículo do futuro 

A incubadora de automoción de Zona Franca busca iniciativas que lanzar ao mercado, tras impulsar en e dous anos 14 empresas e 8 prototipos

Protección certificada contra o coronavirus nos concesionarios

A rede de Ford na provincia da Coruña, Gonzacar, recibe o selo de Faconauto validado pola prestixiosa auditora TÜV SÜD

Alumnos da UVigo compiten co seu coche autónomo no campionato SEAT

Alumnos da UVigo compiten co seu coche autónomo no campeonato SEAT