Unha intensa aurora polar desde a Estación Espacial

O astronauta Thomas Pesquet difunde unha imaxe deste fenómeno, iluminado á súa vez pola Lúa chea

“Unha aurora máis, pero esta é especial porque brilla moito. É a Lúa chea iluminando a parte en sombra da Terra. Case como a luz do día”. Eran as palabras do astronauta francés Thomas Pesquet, a bordo da Estación Espacial Internacional. Segundo expoñía o propio Pesquet, era unha das imaxes máis espectaculares dunha aurora polar captadas desde a nave espacial.

A fotografía foi tomada o pasdo 20 de agosto, e amosa feixes de luz verde brillante espallándose a través do planeta e esvaecéndose en tons avermellados máis lonxe. Descoñécese se a aurora é boreal (arredor do polo norte) ou austral (no sur), xa que as nubes e o océano que se ve baixo elas impide establecer que parte da Terra está amosando.

Publicidade

https://twitter.com/Thom_astro/status/1441473741762949122

Pesquet tamén recolleu nos últimos días desde o espazo outra imaxe fascinante, a da erupción do volcán en La Palma, tomada na noite sobre a illa canaria.

Publicidade

As auroras polares son o resultado da interacción entre as partículas do vento solar e a magnetosfera da Terra. Esta capa, que protexe o planeta da radiación do Sol, desvía as partículas cara aos polos. Ao colisionar coas partículas da atmosfera, xérase unha cadea de reaccións en forma de luz. Por este motivo adoitan verse principalmente nos polos, aínda que en circunstancias excepcionais poden observarse sobre Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

Que gañamos aínda que o gran foguete Starship non nos leve a Marte?

Viaxar de Madrid a Tokio en menos de dúas horas non é fantasía e as viaxes espaciais para todos os públicos, tampouco

Como lograr vivendas autosuficientes como a Estación Espacial Internacional

As casas do futuro tenderán a comportarse como un ser eficiente e autosuficiente, que trate de vivir en simbiose coa contorna natural

Como ver a Estación Espacial Internacional dende a túa casa? Aquí podes comprobalo

Unha ferramenta da NASA permitirá saber a súa posición en tempo real, así como recibir avisos do seu próximo avistamento na túa localidade