O telescopio James Webb mostra novas imaxes das auroras de Xúpiter

O observatorio espacial tamén revela fotografías detalladas dos aneis e da Gran Mancha Vermella, a tormenta máis famosa do planeta

Atronadoras tormentas, fortes ventos e brillantes auroras. Esa podería ser unha descrición axustada de Xúpiter, o planeta máis grande do Sistema solar. Agora, o telescopio James Webb, o observatorio espacial máis potente e caro da historia, revela novas imaxes do xigantesco astro. Nas recentes fotografías móstranse con detallada claridade as súas auroras, os seus aneis e, incluso, a Gran Mancha Vermella, a tormenta máis famosa de Xúpiter. As observacións que ofrece o James Webb sobre o planeta servirán para afondar no coñecemento da súa vida interna.

Segundo explican dende a NASA —impulsora do telescopio xunto á Axencia Espacial Europea (ESA) e a Axencia Espacial Canadense—, as últimas imaxes que capturou o Webb de Xúpiter proveñen de NIRCam, un dos aparellos do telescopio que consta dunha cámara de infravermellos. Para procesar correctamente os datos, os astrónomos contaron coa colaboración da científica Judy Schmidt, que foi capaz de traducir a información do Webb a imaxes.

Publicidade

Uso de diferentes filtros

Máis polo miúdo, nesta vista de Xúpiter, creada a partir de varias imaxes capturadas polo telescopio, as auroras esténdense a grandes alturas sobre os polos norte e sur do planeta. Brillan nun filtro que se asigna ás cores máis vermellas, que tamén resalta a luz reflectida polas nubes máis baixas e as néboas superiores. Un filtro diferente, destinado a amarelos e verdes, mostra brumas que xeran remuíños arredor dos polos norte e sur. O terceiro filtro, para os azuis, sinala a luz que se reflicte dende unha nube principal máis profunda. Por último, a Gran Mancha Vermella aparece en cor branca porque, ao igual que outras nubes, reflicte moita luz solar.

Imaxe composta de Webb NIRCam de dous filtros, F212N (laranxa) e F335M (azul), do sistema Xúpiter, sen etiquetar (esquerda) e con etiqueta (dereita). Crédito: NASA, ESA, CSA, Equipo ERS Xúpiter; procesamento das imaxes por Ricardo Hueso (UPV/EHU) e Judy Schmidt

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Esta é a primeira mostra do mapa do universo elaborado pola ESA e con participación galega

A misión Euclid elaborará a primeira cartografía tridimensional do cosmos, rexistrando as formas, distancias e movementos de millóns de galaxias localizadas a 10 mil millóns de anos luz

O ceo galego tínguese de rosa: así foi a nova (e espectacular) aurora boreal

Unha potente tormenta xeomagnética iluminou a noite do xoves cunha cor específica dos fenómenos nos niveis máis altos da ionosfera

Estas son as cinco espectaculares imaxes do universo capturadas polo telescopio Euclid

O observatorio da ESA retrata, nun só día e con gran detalle, cúmulos de galaxias e estrelas e tamén presenta unha decena de artigos científicos

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite