O solpor chegou antes a Brasil que a Galicia

Imaxe tomada a carón da praia de Copacabana, en Rio de Janeiro, e en Carnota á mesma hora, ás 22.40 hora galega.
Imaxe tomada a carón da praia de Copacabana, en Rio de Janeiro, e no solpor en Carnota á mesma hora, ás 22.40 hora galega. Fonte: Skylinewebcams / M. Rúa.

As dúas imaxes que aparecen sobre estas liñas están tomadas á mesma hora. Ás 22.40 (hora de Galicia) deste 21 de xuño, solsticio de verán no hemisferio norte. Na da esquerda vese a praia de Copacabana, en Rio de Janeiro. Á dereita, unha fotografía tomada á mesma hora na praia de Carnota, en Galicia. Tal e como comentaba este xoves GCiencia, en referencia a unha mensaxe publicada en Twitter polo físico Jorge Mira, hoxe o solpor produciuse varios minutos antes na costa de Brasil, onde se atopa Rio, que na Costa da Morte galega.

O ocaso de hoxe en Rio tivo lugar ás 17.16 hora local (22.16 hora española) mentres que en Muxía, o solpor foi ás 22.20 horas, catro minutos máis tarde. Porén, debido á inclinación do eixo terrestre, a noite pechada chegou máis rápido en Brasil, mentres que o sol na Costa da Morte mantivo o seu brilo durante máis tempo, aínda que xa desaparecera baixo o horizonte no solpor.

Publicidade

1 comentario

  1. sen poñer en dúbeda que esa é a diferencia na posta de Sol entre a Costa da Morte e Río de Janeiro, catro minutos é moi pouco tempo para amosar a diferencia luminosa no ceo con dúas fotografías feitas en igualdad de condicións: Ceos despexados, ISO, exposición, diafragma, lente… etc.
    Estas fotos, non cumpren ningún de esos requisitos e tampouco o máis importante: a orientación.
    Non me parece ningunha evidencia fiable, unha comparativa dunha foto orientada o Este –webcam de Copacabana– cunha orientada hacia o Oeste –a de Carnota–. A diferencia de luz onde se acaba de poñer o Sol con respecto ó horizonte Este, é moi notable.
    Saúdos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns