Hoxe vai anoitecer antes en Rio de Janeiro que na Costa da Morte

Imaxe da luz solar do día de onte ás 22.07 horas, onde se observa que o solpor chega antes á costa sureste de Brasil que á Costa da Morte.
Imaxe da luz solar do día de onte ás 22.07 horas, onde se observa que o solpor chega antes á costa sureste de Brasil que á Costa da Morte.
Imaxe da luz solar do día de onte ás 22.07 horas, onde se observa que o solpor chega antes á costa sureste de Brasil que á Costa da Morte.
Imaxe da luz solar do día de onte ás 22.07 horas, onde se observa que o solpor chega antes á costa sureste de Brasil que á Costa da Morte.

Tense falado e escrito moito sobre o fuso horario de Galicia. Ao atoparnos na mesma lonxitude que países que teñen unha hora menos no reloxo, como Portugal ou o Reino Unido, é frecuente o debate sobre as vantaxes e desvantaxes de atrasar unha hora os nosos reloxos.

Dun ou doutro xeito, a realidade é que a combinación entre o fuso horario e a ubicación xeográfica de Galicia provoca, por exemplo, que poidamos gozar da luz do día ata ben entradas as 22 horas nos momentos máis próximos ao solsticio de verán. E, pola contra, arredor do solsticio de inverno, temos que agardar ata case as 9 da mañá para ver o amencer.

Publicidade

Tal e como sinalou estes días a través de Twitter o catedrático da USC Jorge Mira, o solsticio de verán provoca tamén outro fenómeno ben curioso. Debido ao eixo de rotación da Terra, o solpor de hoxe vaise producir antes en Rio de Janeiro ca na Costa da Morte. Mira, que publicou hai dous anos un estudo que explicaba como o cabo Touriñán, en Muxía, era durante varios meses ao ano o último solpor na Europa continental, acompañou a súa mensaxe cunha imaxe na que se ve a iluminación na Terra ás 22.12 horas do 20 de xuño. Por apenas uns minutos, a noite chega antes á cidade brasileira que á Costa da Morte.

Así, o ocaso de hoxe en Rio terá lugar ás 17.16 hora local (22.16 hora española) mentres que en Muxía, o solpor será ás 22.20 horas, catro minutos máis tarde.

A inclinación do eixo da Terra (23,5º) provoca que, dependendo da situación respecto ao Sol, a súa luz e o seu calor cheguen de xeito oblicuo ao noso planeta, dando lugar ás diferentes estacións, con períodos variables de luz e escuridade.

orbita

Deste xeito, o solsticio de verán no hemisferio norte correspóndese no momento no que o Polo Norte se atopa máis preto do Sol. Este ano foi, exactamente, ás 12.07 horas do 21 de xuño. Nestes días, no círculo polar ártico, a escuridade non chega a ser total en ningún momento, o que dá lugar ao coñecido como Sol de Medianoite. Pola outra banda, neste mesmo momento está a acontecer o solsticio de inverno no Polo Sur, no que o efecto é o contrario.

Así, nestes días, arredor do mediodía solar, o astro rei vaise atopar no punto máis alto sobre o horizonte, o que provocará que os obxectos apenas proxecten sombra sobre o chan.

 

 

 

 

2 COMENTÁRIOS

  1. Cunha visión sesgada da anomalía do solsticio entre hemisferios, mira xustifica que teñamos a 2500 km cara o oeste, a mesma hora ca Kosovo. Con dous co//óns tan grandes coma a súa cuturrería.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.