Cando os vertebrados pasaron a ter un estilo de vida terrestre, tiveron que adaptar as súas extremidades e os seus órganos xenitais. Entre outras cuestións, para que non estivesen en contacto permanente co chan. As solucións foron diferentes en cada especie. Por exemplo, os penes da serpe (na foto, o embrión de serpe en formación) derívanse do tecido que dá lugar ás súas patas traseiras, mentres que os penes dos mamíferos nacen da cola. Curiosamente, todos os penes teñen unha estrutura parecida, aínda que veñen de tecidos diferentes. Este misterio acaba de ser aclarado nun estudo publicado na revista 'Nature' e dirixido polo xenetista Clifford Tabin, de Harvard. "Como xorde unha estrutura equivalente de tecidos completamente diferentes? A resposta resulta ser que hai un segundo tecido que envía sinais que ordenan ás células veciñas a creación dos xenitais externos", explica Tabin. Nas serpes e os lagartos, atópase máis preto do mesoderma lateral, o mesmo tecido que fai que as extremidades reciban o sinal molecular; mentres que nos mamíferos o tecido creador do pene está máis preto da cola. Agora, os investigadores queren descubrir o que impulsa as células das femias a converterse nun clítoris. O achado non só resolve un enigma biolóxico, senón que tamén podería axudar aos millóns de persoas que nacen no mundo con malformacións xenitais. O artigo de Nature pode atoparse en “A relative shift in cloacal location repositions external genitalia in amniote evolution” Nature 2014 doi:10.1038/nature13819.
Cando os vertebrados pasaron a ter un estilo de vida terrestre, tiveron que adaptar as súas extremidades e os seus órganos xenitais. Entre outras cuestións, para que non estivesen en contacto permanente co chan. As solucións foron diferentes en cada especie. Por exemplo, os penes da serpe (na foto, o embrión de serpe en formación) derívanse do tecido que dá lugar ás súas patas traseiras, mentres que os penes dos mamíferos nacen da cola. Curiosamente, todos os penes teñen unha estrutura parecida, aínda que veñen de tecidos diferentes. Este misterio acaba de ser aclarado nun estudo publicado na revista ‘Nature’ e dirixido polo xenetista Clifford Tabin, de Harvard. “Como xorde unha estrutura equivalente de tecidos completamente diferentes? A resposta resulta ser que hai un segundo tecido que envía sinais que ordenan ás células veciñas a creación dos xenitais externos”, explica Tabin. Nas serpes e os lagartos, atópase máis preto do mesoderma lateral, o mesmo tecido que fai que as extremidades reciban o sinal molecular; mentres que nos mamíferos o tecido creador do pene está máis preto da cola. Agora, os investigadores queren descubrir o que impulsa as células das femias a converterse nun clítoris. O achado non só resolve un enigma biolóxico, senón que tamén podería axudar aos millóns de persoas que nacen no mundo con malformacións xenitais. O artigo de Nature pode atoparse en “A relative shift in cloacal location repositions external genitalia in amniote evolution” Nature 2014;doi:10.1038/nature13819.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.