O mítico raio azul, captado de novo desde A Lanzada

O fotógrafo Antonio Costa conseguiu retratar o fenómeno, bastante difícil de observar, o 11 de xaneiro desde O Grove

Non é a primeira vez que o raio azul, un raro fenómeno óptico que coincide co momento da posta do Sol, se capta en Galicia. Pero o difícil de retratalo co obxectivo dunha cámara e a auréola mítica que o rodea convérteno nun salientable acontecemento cada vez que hai noticias del. A última delas tivo lugar o pasado 11 de xaneiro desde a praia da Lanzada, no Grove, onde o fotógrafo Antonio Costa foi quen de acertar no momento exacto no que o raio azul escintilaba sobre o astro rei no solpor.

O raio azul, como o verde (algo máis habitual, pero tamén pouco frecuente) adoita producirse xusto despois do amencer ou antes do solpor. Ten a súa explicación en que nunhas determinadas condicións, a atmosfera produce un fenómeno de dispersión e difracción das ondas de luz que anula algunhas cores do espectro visible para os humanos, mentres que maximiza outras ondas. No caso do azul, son as ondas arredor dos 450nm, mentres que o verde está nos 525nm.

Publicidade

A fermosura do fenómeno fixo espertar a imaxinación de artistas e escritores, como Jules Verne, que lle dedicou un libro no que narra a apaixonada busca deste fenómeno, e tamén se mencionaba no filme Piratas do Caribe como unha especie de mito. O raio azul captado por Antonio Costa este mes é un dos poucos documentos gráficos no mundo que amosan a súa presenza. En Galicia, o fotógrafo Alfredo Madrigal conseguiu capturalo en xuño dos 2016 nos cantís de Loiba, sendo a primeira vez que se documentaba en Galicia.

Captan por primeira vez en Galicia o raio azul do Sol

Tal e como explica Antonio Costa no seu blog Cova de Paralaia, o raio azul foi captado no marco dunha  “posta de sol espectacular”, na que tamén puido retratar un parhelio “moi intenso” e un “tenue pilar solar”. Costa séntese “moi afortunado”, xa que se ben puido captar o raio verde en varias ocasións no último decenio, é a primeira vez que puido fotografar o raio azul.

Publicidade

Parhelio captado por Antonio Costa o mesmo día.
Parhelio captado por Antonio Costa o mesmo día.

1 comentario

  1. Me sorprende que también vosotros sigáis insistiendo en la rareza del rayo verde. La verdad es que, si el horizonte está despejado en el momento de la puesta de sol sobre el mar se ve casi siempre en Galicia, sobre todo si empleamos un teleobjetivo de 200mm. o más. Yo tengo varias fotos del fenómeno y estoy seguro de que habrá muchísimas más por ahí.
    Un saludo.
    Rafael.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Carlos García-Galán: “Chegar á Lúa é o primeiro paso, agora o obxectivo é vivir alí permanentemente”

O director do proxecto 'Moon Base' da NASA visita Galicia para analizar os desafíos científicos e tecnolóxicos de crear unha base humana no satélite

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Galicia perde ata a metade das horas de sol nun xaneiro marcado polas borrascas

Un gráfico elaborado polo climatólogo Dominic Royé amosa que foi o segundo máis escuro da serie históricadende 1984, só superado por 1996