Primeiras imaxes en color de Marte tomadas polo Perseverance

O vehículo envía á Terra as primeiras fotografías con diversas tonalidades do planeta vermello no cráter Jezero, un antigo lago marciano

Marte en color en imaxes tomadas polo vehículo de exploración Perserverance, que amartizou no planeta vermello este pasado xoves tras unha viaxe de millóns de quilómetros dende a Terra.

A NASA recibiu agora as primeiras imaxes con distintos tons do planeta vermello tomadas desde o cráter Jezero. A maior misión de exploración a Marte da historia tomou terra sobre as 22.00 deste xoves (hora peninsular en España) co obxectivo de atopar rastros de vida no que foi o leito dun lago fai millóns de anos. Trátase da misión máis ambiciosa da NASA ata o momento. “Eu aínda non o creo; é que entrar a Marte a 20.000 quilómetros por hora e que non se danara nada é sorprendente”, recoñecía a directora de voo da misión, Diana Trujillo.

Publicidade

Unha das rodas do propio vehículo de exploración Perseverance.

“Perseverance está vivo na superficie de Marte”. Así se anunciou na sala de control da axencia espacial dos Estados Unidos a aterraxe do vehículo nun cráter do hemisferio norte do planeta, entre aplausos do equipo da misión. O Perseverance —un prodixio da técnica dunha tonelada desenvolto en colaboración con países europeos, incluída España— é un coche de seis rodas equipado con sete instrumentos científicos. É o vehículo máis pesado, complexo e caro que a NASA enviou á superficie de Marte: uns 2.200 millóns de euros.

O Perseverance, fotografado no momento anterior a ser depositado sobre Marte.

O obxectivo da misión é buscar signos de vida microbiana antiga, colleitar e traer mostras de rocha e regolito (rocha rota e po), caracterizar a xeoloxía e o clima de Marte e achandar o camiño para a exploración humana ‘in situ’. A misión oficial durará algo menos de dous anos, aínda que probablemente vai alongarse moito máis, como aconteceu con rovers anteriores como o Curiosity.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira