As primeiras 48 horas tralo impacto do asteroide que acabou coa vida dos dinosauros

A colisión provocou un megatsunami cunha enerxía 30.000 veces maior ao do Índico en decembro de 2004, no que morreron máis de 230.000 personas

O asteroide que impactou na Terra hai 66 millóns de anos e que acabou coa vida dos dinosauros desencadeou un megatsunami. Un grupo de investigadores de institucións académicas, axencias gobernamentais, o Laboratorio Ambiental Mariño do Pacífico e o Laboratorio de Dinámica de Fluídos Xeofísicos publicaron a primeira simulación global do que foi o impacto do tsunami na Terra, combinando o modelado numérico e a análise de resistros xeolóxicos. A animación amosa a amplitude de onda do tsunami 10 minutos despois da colisión ata as próximas 48 horas. Os autores calcularon que a enerxía inicial do tsunami era 30.000 veces maior que a enerxía do tsunami do Oceáno Índico de decembro de 2004, que matou a máis de 230.000 personas.

O cráter Chicxulub está enterrado baixo a península de Yucatán en México. Dende que chocou coa Terra foi cambiando a súa posición debido ao movemento das placas e estímase que ten 180 quilómetros de diámetro e 20 quilómetros de profundidade, segundo informa a Oficina Nacional de Administración Oceánica e Atmosférica (NOAA). “Este tsunami foi o suficientemente forte como para perturbar e erosionar os sedimentos nas concas oceánicas ao outro lado do mundo, deixando unha fenda nos rexistros sedimentarios ou unha mestura de sedimentos más antigos”, comentou a autora principal do traballo, Molly Range. Os investigadores alegan que o estudo axuda a evaluar e cuantificar o risco de futuros impactos de asteroides grandes e as consecuencias dos tsunamis máis convencionais cos que a humanidade ten que lidar.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A primeira astrónoma galega, Antonia Ferrín Moreiras, dá nome a un asteroide

A Unión Astronómica Internacional homenaxea a primeira doutora da disciplina en España

Polémica científica: e se as cinco extincións masivas non foron como pensamos?

Os expertos investigan se eventos coma o do final do Pérmico foron realmente puntos de inflexión ou crises temporais

O risco de impacto dun asteroide contra a Terra en 2032 é o maior xamais prognosticado

A rocha espacial 2024 YR4, que podería arrasar unha cidade, aumentou ata un 3,1% a súa probabilidade de chocar contra o planeta

As curiosas imaxes do asteroide que podería impactar contra a Terra en 2032

O obxecto, cun ancho de entre 40 e 90 metros, ten unha probabilidade do 2,3% de chocar contra o noso planeta