Así é a primeira fotografía que saca o James Webb

O telescopio orbital, que capturou 18 veces a estrela HD 84406 da constelación Osa Maior, tamén foi quen de sacar un selfie

Como aínda se está enfocando, o James Webb —que comezará a súa misión científica no verán— aínda semella máis unha criatura de múltiples ollos que mira en diferentes direccións que ese observatorio que buscará á primeira xeración de galaxias formadas após o Big Bang. Mais iso non impide que o telescopio orbital da NASA, que vén de chegar ao seu destino a 1,5 millóns de kilómetros de nós, ande xa observando o cosmos que o rodea. E, nesta observación, xa logrou tomar unha imaxe da súa primeira estrela.

Certo é que esta primeira instantánea que asina o James Webb está lonxe de ser abraiante. 18 puntos brancos e borrosos sobre un fondo negro. E todos mostrando o mesmo obxecto: HD 84406, unha estrela brillante e illada na constelación da Osa Maior. Con todo, representa un fito importante. Porque todos eses puntos foron capturados polos 18 segmentos individuais do espello principal, e a imaxe é agora a base para aliñar e enfocar esas pezas hexagonais.

Publicidade

Para axudar neste proceso, o telescopio tamén logrou capturar un selfie, para a sorpresa do equipo, que mesmo anunciara anteriormente que tal imaxe non sería posíbel. Un bonus que foi tomado non a través dunha cámara montada externamente, senón mediante unha lente especial a bordo da NIRCam, e empregando para a mesma só a luz das estrelas. Toda unha delicia para os fans do espazo exterior!

O selfie que tirou o James Webb. Foto: NASA
O selfie que tirou o James Webb. Foto: NASA

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman