Posibles volcáns en Plutón

O sobrevoo que fixo o pasado mes de xullo a nave New Horizons da NASA sobre Plutón identificou dous posibles criovolcanes, uns volcáns que expulsan xeo, sobre a superficie deste planeta anano. En concreto, observáronse dúas grandes montañas (como a da imaxe), de varios quilómetros de altura e decenas de quilómetros de diámetro, que presentan unha gran depresión ou buraco na parte superior, desde a que se podería estar a arroxar auga xeada e outras sustancias. Esta hipótese, que haberá que confirmar con novas investigacións, expuxérona os membros da misión durante a 47 reunión anual da División de Ciencias Planetarias da Sociedade Astronómica Americana, que se celebra estes días en Washington, nos Estados Unidos. “Trátase de grandes montañas cun gran burato no cumio, o que na Terra, xeralmente, significa unha cousa: é un volcán”, afirma Oliver White, científico do Centro de Investigación Ames da NASA. En troques de lava e fume, estes volcáns botarían auga, nitróxeno, amoníaco e metano.
O sobrevoo que fixo o pasado mes de xullo a nave New Horizons da NASA sobre Plutón identificou dous posibles criovolcanes, uns volcáns que expulsan xeo, sobre a superficie deste planeta anano. En concreto, observáronse dúas grandes montañas (como a da imaxe), de varios quilómetros de altura e decenas de quilómetros de diámetro, que presentan unha gran depresión ou buraco na parte superior, desde a que se podería estar a arroxar auga xeada e outras sustancias. Esta hipótese, que haberá que confirmar con novas investigacións, expuxérona os membros da misión durante a 47 reunión anual da División de Ciencias Planetarias da Sociedade Astronómica Americana, que se celebra estes días en Washington, nos Estados Unidos. “Trátase de grandes montañas cun gran burato no cumio, o que na Terra, xeralmente, significa unha cousa: é un volcán”, afirma Oliver White, científico do Centro de Investigación Ames da NASA. En troques de lava e fume, estes volcáns botarían auga, nitróxeno, amoníaco e metano. Foto: NASA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo